Libertango Trio
Mestura e encontro entre as Rías Baixas e Río da Plata.
Libertango Trio formación con composicións propias, e selección incunables do repertorio do tango clásico.

Mestura e encontro entre as Rías Baixas e Río da Plata.
Libertango Trio formación con composicións propias, e selección incunables do repertorio do tango clásico.
IGMIG é unha banda viguesa formada por Mig, Seoane (guitarra, voz) Nacho Muñoz/Madamme Cell (electrónica, voz) e Suso Alonso (percusión, voz), tres músicos de longa traxectoria en distintos estilos musicales, que deciden xuntarse en 2013 para crear IGMIG, unha mistura explosiva de rock, funk, postpunk, electrónica, música contemporánea e músicas do mundo.
É un grupo musical que nace en Valencia e as súas melodías representan un novo estilo denominado por eles como beach pop.
Cada un encárgase individualmente de dar o mellor de si mesmo para representar en conxunto as súas mellores versións. Javi Fernández é a voz do grupo e acompáñano Vicente Cervera e Ramón García coa guitarra e o ukelele. A partir de 2013 comeza a súa carreira musical como banda despois de moitos anos dedicandose á música por separado.
Javier Díaz (Locus) e Eduardo Sánchez (Nerviozzo) forman o grupo Duo Kie, que realiza rap desde 1999 en España. En xaneiro este grupo disólvese e realizan xiras por separado.
O compositor cubano Alejandro Vargas é un pianista especializado en música jazz, comeza os seus estudos musicais aos seis anos, ata chegar hoxe en día a ser un dos máis coñecidos compositores de jazz do país.
Eirín e Milucha son dous irmáns que cada noite traspasan os portóns do Mundo dos soños na nave do afable monstro Suitjar, co que vivirán un feixe de aventuras marabillosas. Un conto ao revés é a historia de cada un dos soños destes nenos, narrados por un ser próximo a eles. Estas aventuras falan de amizade, respecto á natureza, lecer saudable, a igualdade de xénero e o fantástico mundo das ensoñacións. Todo acontece a través dunha fantástica banda sonora composta de cancións de corte pop e rock. Para bailar, cantar e pasar unha velada xenial.
Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas. Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.
Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual.
Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado sempre é único. Iso é exactamente o que ocorre cando baila Isaías Salazar acompañado por Miguel Flores á guitarra e Sandra Calderón ao cante.
Estes tres artistas con elegancia, pero sen límites expresivos, lévannos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza, tan espontáneo como fácil de apreciar por calquera tipo de público. Neste espectáculo, baile, cante e guitarra únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto, expresándose na dualidade entre a tradición e a vangarda desta arte.
ELE ( Elena Iturrieta) presentando o seu primeiro traballo denominado " Summer Rain". Un concerto de soul e blues, con aires de folk americano, na compaña da súa banda e o coro gospel. Unha delicia para todolos públicos
A banda de rock alternativo Maneida, actúa na Sala Super8 de Ferrol o venres 4 de agosto desde as 22:30, ademais contan con entrada gratuíta. Esta banda nace no territorio de Ferrolterra no ano 2014 e o seu estilo representa unha mestura entre rock e pop. Están pendentes de presentar o seu primeiro disco este mesmo verán e cada día contan cun maior número de seguidores. Os integrantes do grupo son Nelson Gómez, Julián Martínez, Javier López e Eduardo Núñez.