Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

La Sonnambula

Esta ópera estréase en Milán en 1831 e é a Ópera de Vincenzo Bellini. Esta versión será como un concerto e poderase gozar a partir das 19:30 horas.

A historia fala dun triángulo amoroso entre varios personaxes e está localizada nun pequeno pobo de Suíza no século XIX. A obra conta coas melodías da Real Filharmonia de Galicia, co director Manuel Coves.

Os intérpretes que participan na obra son:

Galego

Achtung Babies U2 Tribute

Achtung Babies U2 Tribute é o grupo que máis se semella, auditiva e visualmente ao coñecido grupo de Bono.

Esta banda leva realizando xiras polo mundo desde 1993 e realizan espectáculos incribles para os amantes de U2 e da súa música. No concerto recompilarán os mellores temas da banda, como With or Whitout You, Discoteque ou Ultra Violet e tamén presentarán as novas melodías do grupo.

Ademais de cantar as súas melodías, realizarán un show que recrea a posta en esecena e os efectos da banda orixinal.

Galego

Daniel Minimalia

O compositor galego e guitarrista Daniel Minimalia, é un dos músicos máis coñecidos no noso país. Algúns o chaman o Mike Oldfield español e por iso, os seus concertos son o máis esperado. Este artista non ten un estilo musical concreto que o represente se non que nas súas melodías, mestura a música clásica, o flamenco, o folk e o rock sinfónico, entre outros. Por iso non ten un xénero co que se defina.

Galego

Zapa Motu

Zapa Motu é un compositor e músico que nace en Santiago de Compostela e ten un estilo musical de rock. Este cantante está dentro do grupo Zapa! que nace no ano 2015 e desde ese ano van incorporando a novos intérpretes dentro do grupo. Ademais contan con letras orixinais e composicións propias da banda.

Galego

Futuro Terror e La Plata

O Liceo Mutante acolle unha xornada con dobre oferta musical. Dous grupos, os Futuro Terror e La Plata, protagonizarán a noite. Os Futuro Terror aportarán o seu post-punk bizarro e danzarín, intricado e profundo, presentando o novo material que será publicado en setembro. Os La Plata tocarán o seu álbum Atasco. 

Os prezos de entrada están entre 5 e 8 euros

Galego

Fiesta FERROR RECORDS

Nesta festa mestúranse as bandas máis rechamantes de Galicia, con ritmos pouco coñecidos pero brillantes. Únense os sons máis vanguarditas, cos de orixe galaica, a electrónica e o trap. O nunca visto ata entón nunha festa. Todos eles son grupos de orixe galega que teñen unha visión particular da vida e o que queren é transmitir esa sensación a todo o público.

As bandas convidadas a esta festa son:

  • Espejos & Diamantes
  • Technochico
  • Ki
  • N.A.N.A DJ.
Galego

Oquestrada

Oquestrada é un grupo musical que se orixina en Lisboa, pero que ten influencias e raíces estranxeiras. Conta cun disco denominado Tasca Beat e sae despois de levar moitos anos realizando concertos e actuacións por todo o mundo, onde mesturan a actuación musical co espectáculo.

O grupo está formado por seis integrantes. A coñecida Marta Miranda é a vocalista do grupo e acompáñaa coa súa voz Zeto Feijao, que tamén se encarga da guitarra e o violín.

Galego

Mû Mbana

É un compositor que toca diferentes instrumentos e goza escribindo poesía. É orixinario de Guinea Bissau e aprende desde moi pequeno sobre a música e os cantos das mulleres da súa terra.

Realiza concertos por todo o mundo e mostra os seus sons africanos, mesturados co estilo jazz que o representa. Sempre traballou con distintas bandas de jazz como A Locomotora Negra. As súas composicións axudan a coñecer sons e ritmos novos que nos levan a outro mundo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto