Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Rosa Cedrón

Rosa Cedrón é unha coñecida compositora galega que interpreta a súa música con axuda do violonchelo.

Ademais é coñecida pola súa participación no ano 2005 no grupo galego Luar na Lubre e no álbum Tubullar Bells de Mike Oldfield, un músico coñecido por todo o mundo. O seu primeiro disco en solitario Entre dous amores sae no ano 2010 e a partir de aí comeza a súa carreira como solista.

Este ano a compositora galega encárgase de abrir as festas de San Froilán do 2017.

Galego

Deep Mind

Durante a súa actuación mostran a súa visión de varios estilos musicais dende Led Zeppelin a Radiohead.

A banda está composta por:

Borja García: batería
Adrián Arias: piano
Dani Prieto: baixo
Toño Otero: saxo, voz
Iván Reija: guitarra

Galego

Rosalía & Refree

Este dúo combina a tradición coa experimentación do flamenco sobrepasando os límites establecidos polos puristas deste arte.

Rosalía e Raül teñen unha ampla experiencia nos escenarios e colaboraron con diferentes artistas ao longo da súa carreira profesional.

Galego

Son galego, son cubano

O músico galego Roi Casal (arpista, compositor, cantante e director) foi premiado en 2014 na Habana co premio internacional Cubadisco. Alí ofreceu un memorable concerto no Palacio Nacional de Bellas Artes. Vencellouse ao mundo galego-cubano, e tomou contacto con institucións culturais e con personalidades da cultura. Camiñou, conversou, observou e quedou namorado da capital habaneira e do xeito de ser daquel pobo, alegre, cordial, solidario.

Mantivo contactos moi frutíferos con músicos cubanos e en Cuba presentou un concerto coa estrea destes CANTOS GALEGO-CUBANOS.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto