Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Los Porretas

O grupo Los Porretas nace en Madrid no ano 85 e aos poucos vanse facendo máis coñecidos dentro do seu xénero musical.

Actualmente o grupo conta con catro membros que son El Pajarillo, El Bode, Manolo e Luís.

As súas melodías mesturan ritmos do rock e do punk e desde sempre tomaron influencias doutras agrupacións musicais como Los Ramones ou Barón Rojo.

Algunhas das cancións coñecidas do grupo son Marihuana, Kalimotxo ou La vamos a liar.

Galego

Guadalupe Plata

Folk crepitante, psychobilly lisérxico e surf de ciencia ficción: eses foron os ingredientes dos primeiros álbums sen título do grupo de Úbeda, que agora chega a O Grove co contido do seu álbum número 4, gravado en 2016 durante unha paréntese no verán. Dinámicas, noir, xiros imprevistos e unha sorte de tensión eléctrica son os elementos dun álbum gravado "deixándose levar polo instinto" en dúas semanas.

Galego

Film Symphony Orchestra Tour 2017

Nova xira da FSO na que interpretarán novas bandas sonoras de películas que se estrearon o último ano.

Desta volta, poderase escoitar a música das estreas deste ano La La Land e de Roge One. E tamén das películas tan coñecidas como El hombre de acero, Titanic, Up, La misión, Pearl Harbour, Bailando con lobos, Tiburón, Tombstone, Éxodo ou Casablanca.

Galego

Dios salve a la Reina

Un dos tributos de Queen máis coñecidos na actualidade chega a Vigo en outubro para presentar a última xira.

Despois de 25 anos da morte do famoso Freddy Mercury, a súa voz, a historia e o recordo do famoso cantante cotinúa na nosa sociedade cada época. O sustituto do coñecido cantante é Pablo Padín, que coa súa voz consegue unha imitación que fará recordar a Mercury en cada estrofa. Ademáis a interpretación e a posta en escena do tributo recorda en todo ás actuacións da mítica banda.

Galego

Descubriendo a U2

Regresa de novo á cidade de Vigo o ciclo Rock en Familia. Despois de lembrar este mesmo ano na primavera a grupos como Queen, AC/DC ou The Beatles, neste momento chegan a Vigo os tributos doutras bandas como son The Rolling Stones, Iron Maiden ou U2.

Os diferentes eventos que se realizan durante o ano están enfocados a todas esas persoas que teñen interese por lembrar os mellores clásicos das diferentes épocas do rock.

Galego

Antonio Orozco

No ano 2007, debido á crise, Antonio Orozco propúxose facer un espectáculo con moi pouca produción, pero que tivese moita repercusión. Así naceu Único, un proxecto que ía durar soamente 10 funcións, pero ao que o seu éxito fixo que se representase máis de setecentas veces tras a súa estrea en 2013.

Agora, despois de conseguir o disco de platino co seu último traballo Destino, Orozco regresa coa segunda tempada deste show.

Galego

Descubriendo a Iron Maiden

Regresa de novo á cidade de Vigo o ciclo Rock en Familia. Despois de lembrar este mesmo ano na primavera a grupos como Queen, AC/DC ou The Beatles, neste momento chegan a Vigo os tributos doutras bandas como son The Rolling Stones, Iron Maiden ou U2.

Os diferentes eventos que se realizan durante o ano están enfocados a todas esas persoas que teñen interese por lembrar os mellores clásicos das diferentes épocas do rock.

Galego

Descubriendo a The Rolling Stones

Telekrimen

Os seus temas están influenciados polo surf, garage, rock'n roll e protopunk latinoamericano dos anos 60 e 70.

Está considerada como unha banda de culto dentro da escena underground do seu país.

Galego

River Oaks District

Versionan temas de Johnny Winter, Janis Joplin, Tedeschi Trucks e Deep Purple, entre outros.

River Oaks District son:

Nekane Aguirre: voz & hammond
Ibai García: guitarra
Fernando Solla: baixo
Gontzal García Plasencia: batería

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto