Amiina
O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) organiza, en colaboración con Sinsalaudio, unha nova edición deste ciclo dedicado á cultura musical. Nestas actuacións, ademais da música, o coleccionismo musical ten un papel moi importante como nexo de unión entre o museo e os cidadáns.
Desta volta o grupo de Islandia Amiina presentará o seu novo traballo Fantomas. Durante a súa actuación lograrán unha combinación perfecta entre a súa música e a proxección na pantalla.

