Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Pitusa Semifusa e os estilos musicais

O libro-disco Pitusa Semifusa vía a luz en 2014 (Sonárbore, ed. Galaxia) co obxecto de ensinarlles ás cativas e cativos as familias de instrumentos de forma divertida. Dende aquela, Pitusa Semifusa percorreu unha morea de escenarios facendo as delicias da cativada cun espectáculo moi participativo.

Desta volta, coa presentación do novo libro-disco e novo espectáculo "Pitusa Semifusa e os estilos musicais", o rock, o funky, o reggae, etc. acompañarán ás máis pequenas e pequenos cun espectáculo cheo de enerxía.
 

Galego

El Señor de los Anillos

A Orquestra Clásica de Vigo celebra o seu concerto de Nadal, desta volta interpretará a obra de Howard Shore El señor de los anillos.

Programa:

Concerning Hobbits
Hebrides Obverure
The White tree
The bridge of Khazad Dum
Conrado del Campo - «El infierno» de "La Divina Comedia"
The shadow of the past
Gollum's song The two towers

Galego

The Black Marbles

A banda sueca actuará en Lugo facendo un repaso por todos os seus temas que se caracterizan pola elegancia e enerxía que transmiten.

É a segunda visita que fan a Lugo, concretamente á sala Clavicémbalo.

Galego

Rosa Torres-Pardo

A Sociedade Filarmónica da Coruña organiza este concerto da renomeada pianista Rosa Torres-Pardo.

A venda de entradas será na taquilla do Teatro Rosalía e no quiosco da Praza de Ourense os luns antes de cada concerto.

Galego

Il Segreto di Susanna

Esta ópera conta coa montaxe do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), a dirección artística do actor e dramaturgo Cándido Pazó, e participación da soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e do barítono Javier Franco.

Trátase dunha ópera cómica nun só acto,

O prezo da entrada é de 10€, e os socios de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela contarán cun 50% de desconto.

Galego

Música no Outono

O concello de Sober realiza, en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober, o ciclo Música no Outono, que achega á localidade seis actuacións. 

 

Programación

7 de outubro. David Antigüedad. Guitarra

18 de Novembro. Susana Gómez. Piano

25 de novembro. Celebración de Santa Cecilia. Coa actuación do Coro Berea,  O Trícole e outra agrupación musical

2 de Decembro. Trío Ayren

9 de Decembro.  Airiños de Orbazay. Organizado polo 20 aniversario de O Trícole

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto