Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Jam Session de Rock & Blues

O evento trae aos mellores músicos da comarca a representar os seus novos ritmos do blues e do rock. A entrada é completamente gratuíta e organiza a Fábrica de Sons, que é unha escola de música que se ubica na cidade de Lugo e que representa a unión dos diferentes músicos da zona, que se xuntan e aprenden novas técnicas da man dos mellores profesores de música da cidade.

Galego

Noite de Blues: Moonshiners/Bakin Blues Band

O 13 de outubro na Sala Clavicémbalo pódese gozar dunha Noite adicada exclusivamente ao xénero blues. A partir das 23:00 horas participarán no concerto dous dos mellores grupos de blues que tocan na comunidade.

Por un lado, tocará ese día a banda Baking Blues Band, coñecida dende o seu comezo en Santiago de Compostela no ano 2008. Ao principio comezan tocando exclusivamente nas salas de Galicia, pero actualmente, tamén realizan xiras por toda España e Portugal.

Galego

Guadalupe Plata

Esta banda española representa unha mestura do rock e do blues, ademais de integrar nalgunhas das súas cancións ritmos do jazz e do flamenco. É sorprendente como fusionan estilos e xéneros que, aparentemente, non teñen nada que ver, pero comprobamos que o resultado final é inmellorable.

Galego

Ovakner + Prosma

Os dous grupos virán o 14 de outubro á Sala Super 8 a mostrar as súas habilidades musicais a partir das 22:00. As dúas son bandas galegas que mostrarán as súas habilidades musicais aprendidas durante tantos anos actuando cada membro en diferentes grupos e salas de toda a comunidade.

Galego

IGMIG

Este grupo galego formado por tres integrantes, representan diferentes estilos musicais nas súas espectaculares actuacións, entre os xéneros podemos atopar a electrónica, o rock progresivo, o punk e ata a música clásica do pasado século.

Por iso, non lles gusta definirse cun só estilo xa que a música que tocan marca unha mestura de diferentes xéneros. As súas actuacións son moi diferentes ao que estamos afeitos xa que realizan escenas que simulan ás teatrais á vez que representan as súas obras musicais.

Galego

Lidia Damunt

A cantante faise coñecida orixinalmente pola creación do grupo, xunto coa súa irmá e un compañeiro, Hello Cuca. O grupo mantense durante tres anos, pero cando os integrantes sepáranse, Lidia comeza a súa carreira en solitario.

Galego

Crazy Breed

Crazy Breed é un grupo de rock alternativo local, que viven na mesma cidade de Lugo e levan o seu estilo por toda a comunidade. O grupo musical fórmano Ángel coa batería, Jacobo coa guitarra e voz, Noé co baixo e Adrián coa guitarra. Teñen dous discos presentados e son RIDE e Everything.

A súa música se relaciona co xénero grunge, que é un estilo musical nado en norteamérica e que mestura diferentes estilos como o hardcore, o punk, o hard rock con sons do tradicional rock

Galego

Dúo dos púas de Ekaterimburgo

Irina Kazimirskaya nace en Ekaterinburgo (Rusia) o 25 de marzo de 1962. Graduouse no Conservatorio Superior Estatal dos Urales. Durante todos estes anos foi profesora de domra, mandolina, música de cámara e piano complementario no Consevatorio de Ekaterinburgo. Algúns dos seus alumnos obtiveron premios en varios concursos rexionais de instrumentos de púa, recibindo felicitacións da dirección do departamento de cultura de Ekaterinburgo, e foi membro integrante da Orquestra Esmeralda, pertencente ao Grupo do Teatro da Comedia Musical de Ekaterinburgo.

Galego

Southern Culture On The Skids

Esta agrupación rockeira, tamén coñecida como os SCOTS, fórmase no ano 1983 e desde aquela representaron o seu estilo particular por todo o mundo, mesturando xéneros como o punk, country, rock e o R&B.

Nas súas actuacións destaca o seu toque cómico, ademais da súa espectacularidade no escenario, o que inspira ao público para bailar cos seus ritmos particulares.

O grupo fórmano Dave Hartman, Mary Huff e Rick Miller e o seu último disco chámase The Electric Pinecones e presentárono en 2016.

Galego

The Buzz Lovers + Licor Cafre

Neste concerto participan The Buzz Lovers e Licor Cafre, dous grupos galegos que se están facendo coñecidos por toda España.

The Buzz Lovers é un grupo musical, tributo a Nirvana, que considera a esa banda orixinal como marca dun cambio de xeración, un símbolo da liberdade dos mozos nos 90. A súa finalidade é representar con exactitude as cancións e ritmos da banda.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto