Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xardín Desordenado - Eduardo Blanco Amor, home das letras

Con motivo da celebración do 120 aniversario do nacemento de Eduardo Blanco Amor, a Biblioteca de Galicia organiza un concerto a cargo do grupo Xardín Desordenado. Das múltiples facetas do autor, os músicos de Xardín Desordenado decidiron subliñar a súa condición de 'Autor das letras galegas', convencidos de que él valoraría especialmente este título no seu currículo.

Galego

Aspencat + DAKIDARRÍA

Concerto de Aspencat e DAKIDARRIA. 

Aspencat é un grupo musical español orixinario de Jalón, na Comunidade Valenciana. O seu estilo basease no ska, no reggae e no drum and bass, pero explorando tamén sons máis electrónicos, nunha obra de gran contido crítico, que desafía o poder das institucións.

DAKIDARRIA é unha banda galega de oito músicos que fusionan ska, reggae e punk-rock, e apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario. 

Galego

Cedezaoito e Mü

Cedezaoito é un dúo formado por membros de Tora! Tora! Tora! que basea o seu son en ritmos pesados, distorsións, ecos, ruídos varios, post-rock, psicodelia e shoegaze, e que presentará o seu novo álbum Tríada III. Estarán acompañados por Mü, formación procedente de Fingers.

Galego

Mueran Humanos + Plástico

Mueran Humanos é unha parella de orixe arxentina pero afincada en Berlín, que constrúe as súas cancións a base de sons tensos e vibrantes dunha beleza subxugante. Os tenebrosos teclados e voz de Carmen xunto co potente baixo de Tomás crean grandes temas que atrapan o espectador nas súas atmosferas de sedosas cadencias. 

Dende que comezaron en 2006 compartiron escenario con Cult of Youth, Damo Suzuki (Can), Genesis P. Orridge (Psychic TV), entre outros.

Galego

ZPU

O MC presentarase xunto a Soma, Aaron e DJ Peki na Sala Malatesta para compartir o seu recente 5º disco. A sala encherase da intimidade e a enerxía de Espejo, e sobre o escenario repasaranse ademais os grandes temas da súa carreira.

 

Galego

Eilen Jewell

Eilen Jewell, cantante estadounidense representa dentro do seu estilo musical unha mestura de diferentes xéneros como o blues, o country, o gospel, o folk ou o rock.

Comezou a realizar actuacións nas rúas de  Novo México e aos poucos foise escoitando a súa música en clubs locais, ata realizar a día de hoxe concertos por todo o mundo.

Galego

El barbero de Sevilla

A obra orixinal italiana chámase Il Barbiere di Siviglia, unha das óperas máis famosas de Rossini. Esta interpretación, levada a cabo pola orquestra, o coro e os solistas de Ópera 2001, está co-producida pola francesa Opera de Massy.

A historia divídese en dous actos independentes, acompañados da música de Gioachino Rossini e está baseado na obra humorística homónima de Pierre- Augustin de Beaumarchais. É a ópera bufa máis coñecida desde a súa primeira representación en 1775 e cada ano gaña máis prestixio.

Galego

IX Certame Musical Fran Pérez Narf

Coa intención de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como para lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural, que foi ou cantante Fran Pérez "Narf", a Deputación da Coruña convoca ou Concurso Musical Deputación da Coruña, que pasa a denominarse a partir desta edición Concurso Fran Pérez "Narf", para grupos e artistas musicais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto