Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

La Descarga

La Descarga é unha banda lucense que representa música latina en directo. É un grupo galego que interpreta ritmos de salsa con multitude de instrumentos. Ademais mesturan o estilo de música latina co jazz, ofrecendo un espectáculo inigualable.

Os integrantes do grupo son Carlos Doval, Kike López, Roberto Valdés, Marco Mendoza, Adrián Arias e Juan Arce, o cantante da banda.

O seu primeiro traballo nun estudo chámase Cuando hablan las miradas e o presentan neste concerto. Os ritmos que traen lle encantan a todo o público.

Galego

Presentación FA CE LA Fest

O grupo Os Amigos dos Músicos representan o estilo da música galega. Entre as súas melodías encontramos fragmentos dos escritos de Suso Vaamonde e Curros Enriquez, entre moitos outros escritores galegos.

A banda conta con diferentes voces que representan o estilo galego mesturado con diferentes rexistros e ritmos doutros xéneros.

Galego

Noite de Metal

Este día realízase unha noite especial dedicada aos grupos de metal da comunidade galega. Este estilo musical nace a mediados dos sesenta, pero cos anos mestura diferentes ritmos ata conseguir hoxe en día diferentes xéneros dentro do metal.

Os grupos que estarán o 16 de setembro na Sala Clavicémbalo, son algúns dos que participan nos eventos desa mesma sala noutras datas.

Galego

Treixadura

Esta banda comeza nos anos 90 cun grupo de gaiteiros galegos que se coñecen e deciden formar un grupo musical. Eran Antón e Xan López, Xabier Martínez e Xaquín Xesteira. Despois dun ano, únese ao grupo Ramón Vázquez e comezan a realizar composicións propias con instrumentos tradicionais de Galicia.

O seu primeiro concerto é en 1992 en Redondela e a partir de dese momento comezan a realizar xiras por todo o territorio galego. En 2008, Xan López sepárase do grupo e no seu lugar aparece Magoia Adega.

Galego

SÉS

María Xosé Silvar é unha cantaoutora nada na Coruña que desde sempre estivo interesada na música tradicional e a cultura galega. Aínda que o seu estilo é o rock, as súas letras representan os valores sociais como son o feminismo ou o orgullo pola súa propia cultura. Por iso, a súa música representa a inspiración do pobo e enchen de enerxía ao público que a escoita.

Galego

John Németh

John Németh é un compositor e cantante americano coñecido por todo o mundo e representa o mellor do xénero do electro blues, ademais mestura ritmos do soul máis tradicional.

Este artista comeza cantando na igrexa do seu pobo e aos poucos pasa a ser parte de diferentes grupos musicais. A súa actividade como compositor e cantante comeza nos anos 70, cando realiza as súas primeiras composicións propias. Ademais de cantar, toca a harmónica.

Galego

Sanfroidance 2017

É a XII edición do festival en Lugo e prodúceo o grupo Tranosound Events. O Sanfroidance representa un evento que é capaz de mesturar os diferentes estilos musicais actuais como o rap, o reggae e a electrónica.

Galego

Wöyza

Esta cantante galega reflicte a súa vida nas letras das cancións. O seu estilo musical mestura ritmos do soul co hip-hop.

O seu último álbum, presentado en 2016, chámase Pelea e inspírase nas últimas palabras que lle di a súa avoa. Para ela, mostran a época de superación e cando tivo que afrontar os seus medos na vida. Nas melodías tamén se poden determinar outras temáticas como é o amor, os problemas sociais ou a adicción ás drogas. Por iso, a súa música é moi persoal, o que provoca que o público se sinta identificado.

Galego

Capercaillie

Capercaillie é un grupo musical escocés que nace nos anos 80 e grava o seu primeiro disco en 1984.

No ano 1992 presenta o seu disco A Prince Among Islands, que é o primeiro que entra na lista dos 40 mellores sencillos de Reino Unido na lingua gaélico escocesa. Por iso, representan un dos grupos que resalltan a música celta e o folk tradicional.

O grupo conta coa voz de Karen Matheson e Donald Shawn encárgase do acordeón e o teclado. O resto da banda acompaña coas súas istrumentos as melodías tradicionais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto