Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Benet

O grupo integrado por Rafa (voz), Vito (guitarra), R2 (guitarra 2 e segunda voz) e B-tox (bateria), traen o seu concepto musical, que se caracteriza por ter contidos rítmicos e guitarras poderosas, crúas e enerxéticas.

Galego

Texxcoco

Texxcoco é a banda de moda da escena rock independente española. Con menos de dous anos de vida, esta banda acaparou os eloxios de todas as publicacións nacionais, grazas ao seu brillante directo. Desde a súa soada participación no Fuzzville, un dos mellores festivais de garage do continente, conseguiron consolidarse nos grandes escenarios da escena independente española.

Neste concerto presentarán temas do seu traballo, Disorder.

Galego

Hongo + Crú

Hongo (A Coruña) ofrecerán un concerto íntimo, intenso e persoal, no que repasarán os seus 15 anos enriba dos escenarios tocando temas de tódolos seus discos. Cancións que xa son parte da historia da música underground e que rara vez se poden escoitar en directo.

CRÚ (Carral) abrirán a velada. Grupo de metal cunha proposta escénica superecléctica con influencias que van dende o rock, ó stoner ou hardcore. O acompañamento perfecto para unha velada na que se revivirán moitas lembranzas e emocións.

Galego

Aullido Atómico + Ultrasurf

Aullido Atomico, é un trío musical de Valencia que fabrica temazos de punk and roll con melodías rockabilescas, e que veñen presentar Decadencia, o seu novo disco onde se atopan os rasgos que os definen multiplicados o máximo exponente para ser a mellor testemuña da súa identidade ata o de agora. 

Galego

Aullido Atómico + Gog y las Hienas Telepáticas

Aullido Atomico é un trío musical de Valencia que fabrica temazos de punk and roll con melodías rockabilescas, que ven a presentar Decadencia, o seu novo disco, onde se atopan os rasgos que os definen multiplicados o máximo exponente para ser a mellor testemuña da súa identidade ata o de agora. 

Gog y las Hienas Telepáticas presentarán os temas do seu inminente novo traballo Triad, sucesor de Choke/Drown e unha nova demostración do poder da banda, que desafía xéneros e definicións. 

 

Galego

Senhor X

A banda Senhor X formouse no ano 1997 en Brasil.

A música desta banda busca a innovación e foxe do convencional. Presenta unha alta calidade sonora e formas musicais que foxen do estándar, así como letras e arranxos que mesturan de forma sutil a realidade de cada un de nós.

 

Galego

La Oveja Negra

La Oveja Negra é un grupo homenaxe á mítica banda navarra de rock Barricada. Tras a desaparición desta, tres músicos de Ferrolterra xúntanse para rememorar as cancións do grupo musical.

Recollen temas tan míticos como 'No hay tregua', 'En blanco y negro' ou a mesma da que toman o seu nome, 'Oveja Negra'.

Formación:

Fran Rodríguez, guitarra e voces

Roberto "Chiqui" Feal, batería

Jose Reynoso, baixo e voz

Galego

The Boo Devils

Formado en 2010, The Boo Devils non deixou de crecer, expandindo irrefrenablemente o seu repertorio: unha mestura de rock and roll, psychobilly e country & western con espírito punk.

Durante o último trienio, The Boo Devils progresou de forma exponencial en todos os ámbitos. Sobre o escenario son moito máis que un grupo solvente e os seus concertos garanten intensidade nunca exenta de matices. 

Galego

Orquestra Os Modernos

A Orquestra Os Modernos leva o seu ritmo e o seu "arrechuche" de Dissimulem a San Vicenzo da Baña.

Dissimulem é o primeiro disco da orquestra, gravado nos Estudios A Ponte e no que poñen o saber facer aprendido en cinco anos de directos. A orquestra encaixa no folk-trad, un "rexistro musical que garda a esencia das noites de verbena e as mañás de vermú". 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto