Caxade
Caxade é un grupo galego de indie e folk. Este grupo quere manter o estilo da música tradicional galega, pero modernizada con ritmos de música pop e indie.
A banda fórmase no ano 2012, con Alonso Caxade como vocalista principal e o encargado do acordeón. Ademais acompáñano Manu Espinho, Manu Paino e Xosé Tunhas.
Realizarán unha actuación como parte do programa das Festas da Peregrina de Pontevedra.

