Concerto da RFG no Conecta Fiction
O Conecta FICTION arranca no Auditorio de Galicia cun concerto especial da Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta de Geoffrey Styles, no que soarán as bandas sonoras de series tan coñecidas como Game of Thrones, Isabel, Allí abajo ou Sé quien eres, e entre as que se inclúen composicións de autoría galega como El final del camino, de Manuel Riveiro; Seis hermanas, de Sergio Moure; e Vidago Palace, de Xavi Font.

