Concerto Homenaxe a Narf
Boiro acolle a primeira homenaxe en forma de concerto ao músico Fran Pérez, Narf, no que ademais se inaugurará unha estatua na súa memoria.
Nel participarán artistas chegados de diferentes puntos do globo, como o mozambicano Cheny Wa Gune, que ten compartido con el proxectos musicais, ou Joao Gentil desde Portugal; alén dos Chévere, compañía na que colaborou durante moitos anos, e outros artistas galegos como Uxía, Marcos Teira, Najla Shami, Guadi Galego, Ramón Orencio (Mr. Cool), Nastasia Zurcher, Barahúnda, Santi Araujo, Pepe Bao, Guillermo Cid ou Aida Beiroa.

