Rosario Flores
A coñecida cantante Rosario Flores chega a Ferrol para dar comezo ás festas, despois da lectura do pregón. Esta compositora de orixe xitana, é filla de Lola Flores e O Pescaílla e por iso desde que é moi pequena sempre estivo rodeada de música. Na súa familia hai músicos e actores, por iso considérase unha familia de artistas.
Desde o ano 2012 realiza un papel como xurado no programa televisivo de La Voz, mostrando nese momento as súas habilidades como cantante e coach.

