Futuro Terror e La Plata
O Liceo Mutante acolle unha xornada con dobre oferta musical. Dous grupos, os Futuro Terror e La Plata, protagonizarán a noite. Os Futuro Terror aportarán o seu post-punk bizarro e danzarín, intricado e profundo, presentando o novo material que será publicado en setembro. Os La Plata tocarán o seu álbum Atasco.
Os prezos de entrada están entre 5 e 8 euros.

