Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

The Lákazans + Girma Bèyènè + Akale Wubé + Abe Rábade

Cuarta xornada do Festival Terra da Fraternidade, que forma parte da programación das Festas do Apóstolo 2017, e que acolle artistas dos tres continentes en conexión con músicos do país para fomentar a interculturalidade e amosar unha Compostela diversa e aberta ao mundo.

Programa

22:00 · THE LÁKAZANS

23:00 · GIRMA BÈYÈNÈ & AKALE WUBÉ

23:50 · GIRMA BÉYÉNÉ & AKALE WUBÉ + ABE RÁBADE + THE LÁKAZANS

Galego

Adrián Costa + The Criers+ Pat Thomas+ Kwashibu Area Band

Terceria xornada do Festival Terra da Fraternidade, que forma parte da programación das Festas do Apóstolo 2017, e que acolle artistas dos tres continentes en conexión con músicos do país para fomentar a interculturalidade e amosar unha Compostela diversa e aberta ao mundo.

PROGRAMA

22:00 · ADRIÁN COSTA & THE CRIERS

23:00 · PAT THOMAS & KWASHIBU AREA BAND

Máis información polo miúdo do Festival Terra da Fraternidadehttp://terradafraternidade.gal/

Galego

Habelas Hainas + Selma Uamusse

Segunda xornada do Festival Terra da Fraternidade, que forma parte da programación das Festas do Apóstolo 2017, e que acolle artistas dos tres continentes en conexión con músicos do país para fomentar a interculturalidade e amosar unha Compostela diversa e aberta ao mundo.

Programa

22:00 · HABELAS HAINAS

23:00 · SELMA UAMUSSE

Información polo miúdo do Festival Terra da Fraternidadehttp://terradafraternidade.gal/

Galego

Nudozurdo

O directo é o punto forte desta banda sen límites caracterizada por un post-rock hipnótico e letras en castelán. Ao Gaiás chegan baixo o brazo con ‘Rojo es peligro’, o seu cuarto e último disco, unha oda á experimentación.

Galego

Kikagaku Moyo

Da rúa a xiras internacionais. Esta é a historia de Kikagaku Moyo, quinteto xaponés que mestura psicodelia, folk, prog-rock ou folk cunha conexión brutal co público, levándoos a acadar o éxito con discos como House in the Tall Grass.

Galego

Terbutalina

Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados.

Galego

Hidrogenesse

Pop bizarro, pop populista, art-rock electrónico… Carlos Ballesteros e Genís Segarra son Hidrogenesse, dúo inclasificable que celebrará no Atardecer no Gaiás dezaoito anos animando as pistas de varios continentes.

Galego

Boyanka Kostova

Presume de ser o primeiro grupo de Trap en galego. Mais a súa música é universal e seus os directos unha conexión total na que non poderás deixar de bailar ao son dos seus ritmos hipnóticos e minimalistas e do seu flow costumista.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto