Radio Cos
Ritmos altamente enerxéticos sacados dunha vella lata de paprika; un pandeiro e unha pandeireta dirixindo os cantos; un violín, unha gaita e un acordeón convidando a bailar antes de fusionarse nun suntuoso zunido para apoiar unha balada. Radio Cos explora a diversidade das profundas raíces da música folc galega para cantar e bailar coa paixón de celebrar a identidade desta histórica nación e as súas itinerantes influencias que moldearon a súa cultura musical actual.

