Dallasgracias
É o último concerto no que Dallasgracias tocará temas de "Enefene" xa que comezará a traballar no seu próximo disco.
O grupo vigués promete dar o máximo nesta actuación

É o último concerto no que Dallasgracias tocará temas de "Enefene" xa que comezará a traballar no seu próximo disco.
O grupo vigués promete dar o máximo nesta actuación
Este ano Gansos Rosas réndelle tributo ao primeiro disco de Guns N' Roses "Appetite for destruction" publicado hai trinta anos e que contén os temas máis emblemáticos da banda americana.
O grupo español leva dez anos versionando a Guns N' Roses e está considerada como a mellor banda tributo de Guns N'Roses en Europa.
Carlos Sarduy é un dos trompetistas máis recoñecidos do jazz cubano en España, ademais tamén é percusionista e compositor.
Ao longo da súa traxectoria profesional colaborou con músicos como David Murray, Chucho, Bebo Valdés, Esperanza Spalding e Román Filiu.
No Ciclo 1906 vén acompañado de Javier Masó Caramelo ao piano, Dani Noel ao baixo e Mel Semé na batería.
"Múdanse vos ventos" é o último traballo publicado por Barahúnda, no que recollen pezas do romancero tradicional español, cantigas galego-portuguesas e cancións sefardíes, entre outras.
Barahúnda está composto por Helena de Alfonso á voz, José Lara Gruñeiro á guitarra e á voz e José Luis do Pico Orjais, á zanfona, ao piano e á percusión.
Ata hai un ano Anxo Blas adicábase a tocar varios instrumentos pero agora xa compón e interpreta os seus propios temas.
A maioría dos seus temas teñen un contido social e político pero tamén lle puxo música aos poemas de autores da literatura galega como Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro ou Lois Pereiro.
"Lo que llevamos dentro" é o novo traballo do músico de Granada. Trátase dun disco - libro no que o autor desenvolve cada tema musical contando como foi a experiencia creativa. Como nos seus anteriores traballos seguen estando presente o amor, a vida e as súas circunstancias nas súas cancións. Ademais desta volta tamén inclúe algúns poemas inéditos.
No novo disco contou coas colaboracións de Carlos Goñi de Revólver, Funambulista e algúns artistas mexicanos.
Logo de presentar con éxito o seu primeiro disco, 'Desconhecido', o pasado decembro, Berlai ofrecerá un novo concerto. Será un concerto especial, con toda a banda ao completo, e con Ernesto G. Torterolo -autor do cómic que acompaña o disco- debuxará en directo, como parte do espectáculo.
‘Desconhecido’ é unha historia de amor e de tolemia contada en músicas e letras/poemas de Xiao Berlai e debuxos do artista Ernesto G. Torterolo. Unha historia do Far West galego, unha historia (real) dun home solitario que preferiu vivir e morrer só porque non lle deixaron vivir como el quería.
Dúas bandas de contrastes: as vangardas máis avanzadas xunto coas músicas máis lixeiras.
The Lazy Faithfull beben da psicodelia e do garaxe dos 60's, melodías atmosféricas e rifs potentes que nos lembran aos Kinks ou aos Seeds.
Bandcamp: https://thelazyfaithful.bandcamp.com/
Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=N_1NTtvtjoA