Bifannah
Bifannah son o resultado de mesturar a cadencia do 60's moody garage e a tropicalia no século XXI. A banda, formada no outono de 2015 por Antía Figueiras, Guille V. Zapata, Pablo Valladares e Antón Martínez (ex- membros de Wild Balbina, Mvnich ou Avispa), naceu a medio camiño entre UK, Barcelona e Galicia .
Tras tocar o pasado decembro con Mystic Braves en Lisboa, comezaron a preparar o seu primeiro álbum que verá a luz en maio de 2017.

