Rede de músicas soltas
Primordiais, dúo de arpa, voz e percusión formado por Luis Martíns e Marcelo DoBode, dous primos que, desde Soutomaior traen a Rede de músicas soltas as súas “musicas de OrTa”, musicas en crecemento, simbiose perfecta entre tradición e Modernismo.
Eles presentan o seu disco “Drogueria Moderna” e, ademais do concerto no Auditorio, fan tamén presentacións aos escolares da vila para que os máis novos coñezan de perto estas músicas tan próximas e, se cadra, tan descoñecidas para eles.

