Harlem Gospel Choir
O prestixioso grupo Harlem Gospel Choir viaxa por todo o mundo compartindo a alegría da súa fe mediante a música. Nesta ocasión, regresan a España cun espectáculo protagonizado polo repertorio da cantante inglesa Adele.

O prestixioso grupo Harlem Gospel Choir viaxa por todo o mundo compartindo a alegría da súa fe mediante a música. Nesta ocasión, regresan a España cun espectáculo protagonizado polo repertorio da cantante inglesa Adele.
NOIA é o álter ego de Gisela Fulla-Silvestre, unha barcelonesa afincada en Nova York que recentemente publicou un magnífico ep, Habits, co prestixioso selo norteamericano Cascine.
Para Koroiev o mundo real é 'o outro', e é ese 'outro mundo' o que volve ser o caldo de cultivo da súa seguinte produción.
+ info: www.placeresocultos.com
Antoloxía de poemas da lírica galega de todos os tempos, musicados por F. Mosquera e M. Cortizo, desde o Rexurdimento de Curros Enríquez e Rosalía de Castro ata autores actuais como Xosé Luis Méndez Ferrín ou Chus Pato.
Antoloxía poética musicada” na que percorren boa parte da historia literaria galega. A música respira sons da tradición mais tamén do jazz ou da música contemporánea.
Elena Tarrats, Mario Cortizo e Federico Mosquera son Gelria; nome do buque holandés no que Manuel Antonio nos anos 1928 e 1929 realiza tres viaxes a América.
Concerto co barítono Borja Quiza, a cantante Pili Pampín e a gaiteira Susana Seivane.
Comité Antisida da Coruña fai os seus 25 anos como ONG na cidade, xa non só actuando fronte ao VIH e a Sida, senón tamén como un punto de calor, comedor social, pisos de exclusión social, etc.
Prezo: 10,00 euros
Máis información, aquí.
Volve Cancións por Regalos da man de Ernie Producciones.
A Casa-Museo Manuel María quere pórlle o ramo a tan fecundo ano das Letras Galegas dedicado ao escritor acompañando, de novo, os seus versos do cálido acompañamento de tres das mellores voces do panorama musical galego actual: Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Todos tres teñen no seu haber teren xa musicado con anterioridade a poesía de Manuel María e, neste remate de ano, farano de novo.
Será na cidade na que Manuel María pasou a última etapa da súa vida.
Inmersa na nova cruzada do soul alternativo, Summer Rain é a súa carta de presentación e o disco para afondar no outono. A melancolía, a nostalxia e o optimismo como solución final son as premisas desta proposta de once cancións, que se pasean polos claro-escuros da existencia con elegancia e sinxeleza. Desde temas que brillan no carpe diem, a base de reminiscencias americanas e guitarras.
Summer Rain é unha aposta pola cara máis alternativa do rhythm and blues contemporáneo.
Concerto didáctico de frauta traveseira, violín e violoncello a cargo de Luis Soto, profesor de frauta na Real Filharmonía de Galicia e no Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), e os seus fillos Lucas e Cecilia.
Con este espectáculo tratan de introducir aos nenos e nenas no mundo da música clásica a través dos contos.
Os participantes poden levar o seu instrumento e tocar co trío ao rematar o concerto.
Salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.
De cando en vez o extraordinario acordeonista de Portugal Joao Gentil mais Uxía xúntanse para recrear cancións nosas, universais, do tango ao vira, do alalá ao fado ou á chanson.
Será unha nova oportunidade para lembrar e cantar a quen tantas noites actuou neste lugar, ao ben presente Fran Pérez 'Narf'.
O Lestrato Fest comeza coa banda galega Cora Sayers, álter ego da actriz Cora Velasco, e será a primeira en subirse ao escenario ás 20.15 horas.
Unha hora despois, fará o propio a banda de Copenhague Bite The Bullet coa súa proposta de fuzz-rock, aires psicodélicos e auténtico rock and roll.
E como colofón, a partir das 22.15 horas, os encargados de poñer a música serán os cataláns Sons of Meteora.
As entradas teñen un prezo de 10 euros e están dispoñibles na Internet e no propio Auriense.