Virginia Brown & The Shameless
Banda siciliana que está a ser un dos revulsivos do actual panorama musical do xénero coa súa explosiva mestura de rhythm&blues e ritmos afrocubanos.
Cunha atronadora voz, un piano boogie, unha exquisita guitarra, un potente saxo, un sedutor baixo e unha batería chea de swing estes virtuosos resucitan o auténtico son de clásicos coma Clarence Garlow, Fats Domino, Smiley Lewis, Dave Bartholomew, Lee Allen ou Professor Longhair.

