Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Fasenuova

Maltrato ruidista extremo, ritmos repetitivos e envolventes, esqueletes de melodías rotas por repentinas descargas de berros salvaxes. Así se presenta Fasenuova, banda de Mieres que promete, tras a súa actuación na praza central, deixar rastro.

Galego

Malandrómeda

Os reis do rap galego inauguran o Atardecer no Gaiás 2017. En formato DJ, Malandrómeda abrirá a festa o vindeiro 6 de xullo, enchendo a praza central da Cidade da Cultura coas súas rimas de batalla e ritmos imaxinativos.

Galego

Franco Battiato

O músico, pintor e cineasta Franco Battiato acode á cidade da Coruña para actuar no Palacio da Ópera.

Battiato deuse a coñecer na década dos sesenta, cando se mudou a Milán e conseguiu o seu primeiro contrato muscial, aínda que non foi ata os anos setenta cando Battiato saltou á fama, co lanzamento do seu disco A convenzione paranoia, un disco de ciencia-ficción de rock progresivo.

Galego

Juan Abarca+ Kondiós

O músico e escritor Juan Abarca acode en solitario ao Café Auriense para tocar os temas do seu disco La caja de nada (2012). Juan Abarca é coñecido por ser o cantante e guitarrista do grupo Mamá Ladilla. Ademais, Abarca acaba de publicar o seu libro Diccionario jeroglífico, tras o éxito do seu anterior libro Dios es chiste.

Este polifacético músico tamén forma parte do grupo Dixlexsia e do grupo Engendro.

Durante o concerto tamén actuará o músico Kondiós.

Galego

Maestros e Laureados II

O Festival Internacional Peregrinos Musicais está organizado pola Asociación Peregrinos Musicais, co obxectivo de unir a solistas de todas as partes de Europa a través do Camiño de Santiago, promover e dar oportunidades aos novos artistas galegos e achegar as culturas de todos os países participantes.

Maestros e Laureados é un ciclo dentro do festival que une a mestres consagrados con intérpretes noveis de gran talento. 

Galego

Electric Succory

Grupo que mantén un diálogo musical entre todos o seu compoñentes co obxectivo final de facer desfrutar ao público.

Compoñentes:

Kely García (guitarra eléctrica)
Antonio López “Monano” (teclados)
Gustavo Hernán (baixo eléctrico)
Diego Valero “Noti” (batería)

Galego

The Wheels + Montelouro

The Wheels é unha agrupación creada en Mallorca en 2010, cando os seus integrantes eran aínda adolescentes. En 2013 publicaron o seu primeiro disco, o EP Great Frustrations.
Tras o éxito entre a crítica deste disco, dous anos máis tarde publican Born to Fly, un disco no que se confirman na súa música a influencia de grupos como os Beatles, The Eels ou a banda de rock psicodélico Tame Impala. O último disco publicado por The Wheels é The Year of Monkey, un disco co que a agrupación trata de homenaxear a artistas como David Bowie ou Prince.

Galego

Canta Torre 2018

A Polifónica Coruñesa Canticorum celebra con música coral o noveno aniversario da designación da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. A Torre de Hércules obtivo esta distinción o 27 de xuño de 2009 e desde esa data todos os anos celébrase un concerto de aniversario.

Este ano Canticorum contará coas actuacións das seguintes agrupacións:

  • Crunia Ensemble
  • A Rexoaba
  • Polifónica Coruñesa Canticorum
Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto