Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Nada Surf

Macy Gray, a estrela de R&B e soul, vén de cancelar a súa xira europea por motivos persoais. Por iso, o Concello programou no seu lugar as actuacións da banda neoiorquina Nada Surf e da compostelá Ivy Moon, que cubrirán o oco deixado pola cantante.



Nada Surf 

Galego

La Oreja de Van Gogh

La Oreja de Van Gogh encárgase este ano da apertura das Festas de Vigo. Trátase do primeiro concerto confirmado e será o 14 de xullo a partir das 23:00 horas no Auditorio de Castrelos.

Este grupo é moi coñecido a nivel nacional por levar sete discos publicados e máis de vinte anos realizando a súa música, representando un éxito absoluto entre toda a sociedade.

Galego

Brincadeira + Banda Municipal de Santiago

A Banda Municipal de Música de Santiago e a Agrupación de Baile e Música Tradicional Brincadeira van colaborar nun concerto moi especial na praza das Praterías. É a primeira vez que a Banda comparte escenario con Brincadeira.

No concerto do xoves poderase escoitar un repertorio cheo de temas tradicionais. Así, a Banda e Brincadeira interpretarán clásicos como a "Xota de Moscoso", a "Carballesa" ou a "Rumba de Saivane".

Haberá tamén pezas interpretadas polas pandereteiras de Brincadeira, como a "Xota, muiñeira e pasodobre de Candín".

Galego

Lola Lola

Lola Lola é unha banda portuguesa que fusiona o estilo do rockabilly dos cincuenta e sesenta co rythm and blues e o estilo popcorn. A banda esta formada por antigos compoñentes de Os Tornados.

A vocalista da banda, Carla Capela, destaca ademais por ser unha coñecida DJ, faceta na que é coñecida baixo o sobrenome de Just Honey.

O primeiro disco da banda titulouse Money in the can e recentemente viu a luz o seu segundo traballo, titulado Sweet Lovin.

Galego

García MC + Bixiga 70

Quinta e derradeira  xornada do Festival Terra da Fraternidade, que forma parte da programación das Festas do Apóstolo 2017, e que acolle artistas dos tres continentes en conexión con músicos do país para fomentar a interculturalidade e amosar unha Compostela diversa e aberta ao mundo.

Programa:

22:00 · GARCÍA MC PRESENTA “A NACIÓN QUILOMBO”

23:00 · BIXIGA 70

Información polo miúdo do Festival Terra da Fraternidadehttp://terradafraternidade.gal/

Galego

The Lákazans + Girma Bèyènè + Akale Wubé + Abe Rábade

Cuarta xornada do Festival Terra da Fraternidade, que forma parte da programación das Festas do Apóstolo 2017, e que acolle artistas dos tres continentes en conexión con músicos do país para fomentar a interculturalidade e amosar unha Compostela diversa e aberta ao mundo.

Programa

22:00 · THE LÁKAZANS

23:00 · GIRMA BÈYÈNÈ & AKALE WUBÉ

23:50 · GIRMA BÉYÉNÉ & AKALE WUBÉ + ABE RÁBADE + THE LÁKAZANS

Galego

Adrián Costa + The Criers+ Pat Thomas+ Kwashibu Area Band

Terceria xornada do Festival Terra da Fraternidade, que forma parte da programación das Festas do Apóstolo 2017, e que acolle artistas dos tres continentes en conexión con músicos do país para fomentar a interculturalidade e amosar unha Compostela diversa e aberta ao mundo.

PROGRAMA

22:00 · ADRIÁN COSTA & THE CRIERS

23:00 · PAT THOMAS & KWASHIBU AREA BAND

Máis información polo miúdo do Festival Terra da Fraternidadehttp://terradafraternidade.gal/

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto