A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Ficha artística:
Autoría: Miguel de Cervantes
Dirección: Nuria Gullón
Mestre cociñeiro: José Manuel Hernández
Dramaturxia: Sergio Macías
Escenografía: Pablo Iriarte e Fran Núñez
ESP: José Manuel Núñez
Iluminación: Fran Núñez
Produción: Cris Alonso e Candy Álvarez
Elenco: Fran Núñez
Espectáculo de divulgación infantil e xuvenil, que busca dunha maneira entretida, combinando audiovisual, maxia e monicreques, concienciar acerca dos recursos limitados do planeta, e explica de que maneira o ser humano contamina, como podemos evitalo e comprender a importancia de reducir, reutilizar e reciclar os obxectos.
Por qué o clima do noso planeta está a cambiar? Por qué un terzo dos recursos da terra xa están esgotados? Que é o que podemos facer para cambiar esta situación?
Igloo baséase en contundentes guitarras, combinadas con sons electrónicos e melodías pop, conseguindo unha especie de rock electrónico de potentes retrousos e intensas instrumentacións cunha clara influencia anglosaxona, pero totalmente cantados en castelán.
O seu quinto disco está a ser unha sorpresa no panorama musical nacional, acadando unha vez mais un grande recoñecemento tanto polos seus singles coma os seus directos.
Concerto dentro da programación Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas no concello onde se celebra.
Carapuchiña é unha nena duns 9 anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da súa avoa para levarlle unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce. Na súa viaxe atoparase a un leñador, unhas árbores bailarinas e cun lobo... que fará das súas para intentar papala.
Toda a historia está narrada por Prácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir traballará arreo para escribir o conto máis bonito do mundo: Carapuchiña Vermella.
O humor e o absurdo son os fíos cos que se corcose a trama dun espectáculo de dous atletas, dous cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público.
Risco, desastre, sorpresa e surrealismo son palabas que poden aparecer en calquera momento. Mais estes dous artistas saben saír co seu talento de calquera situación adversa.
Espectáculo que forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Augusta vive cos seus pais nunha casa moi pequenina cerca do aeroporto... pero a Augusta non lle gustan os avions porque lle dan medo. pero tamen lle dan medo os animais, as caixas, as nésperas . Augusta ten medo de moitas cousas
Neste espectáculo no que se mesturan a maxia, o clown e os monicreques Mandarina fará que grandes e pequenos sorpréndanse e rían con xogos de maxia cómica e a aparición da súa malhumorado paxaro, Rigoberto.
Mandarina é un personaxe moi potente que une a ironía e a intelixencia do mago co descoido, a inocencia e o amor polo público do pallaso nun coctel realmente explosivo.
Actividade de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
Comisa Bal é un novo proxecto músical integrado por Gutier Álvarez (Violín Trompeta) e Javi Sexto (Acordeón).
Música en pequeno formato, a través deste espectáculo faise un percorrido polos ritmos bailables que estiveron presentes nas salas de baile durante a primeira metade do século XX, onde a música acompañaba sutilmente a actividade intelectual e social dos oíntes.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
VIAXE A DADÁ é un proxecto para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con xogos iniciáticos, cantigas de berce, estimulación sensorial e moito agarimo .
Dadá é a infancia simbolizada nun cabaliño de madeira. De feito dita expresión, "dadá" (que da orixe tamén á arte dadaísta), provén do
balbuceo infantil con que as crianzas francesas chaman ao cabaliño de xoguete.
Nas súas actuacións están presentes instrumentos unidos á música tradicional galega, mais empregados ao seu xeito. Reinterpretando en certa maneira a tradición, TIRULEQUE recorre á súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos.