Xoel López e banda
Nado en Coruña, Xoel é un dos artistas máis representativos e influentes na nova xeración.
Deixou atrás unha carreira exitosa e consolidada con Deluxe para cruzar o Atlántico e empezar unha nova andaina no continente americano. Acompañado pola súa guitarra, busca recuperar a esencia dos primeiros días tocando en salas e teatros con músicos de diferentes paises.
Este concerto forma parte do programa Cultura no Camiño, que leva música, danza, maxia, teatro e novo circo por concellos onde discorren as rutas xacobeas.