A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Concerto galaico-portugués. A artista galega fai un repaso melódico por algúns dos mellores poetas de Galicia e Portugal.
Este concerto forma parte da programación de Cultura no Camiño, que enche de música, maxia, teatro, danza, contacontos... as localidades das rutas xacobeas.
Se credes que precisades dos meus servizos non tedes máis que aturuxar, que desde O Pindo escoito que flipas porque ten unha acústica bárbara.
Sabedes quen son, non? Ben, normal, nin puta idea, normal. Ademais indo de incógnita menos, claro!
Vouvos dar unha pista. Como mínimo, agora que xa vedes a estrela encarnada xa o teredes mais claro non? Non, non son concelleira do Bloque. Igual é que como traballo en negro e hai que ser discreta pois non me recoñecedes.
Budiño presenta un novo single acompañado dun novo espectáculo cun formato novedoso de banda, incorporando voces femininas, electrónica e tendo a percusión tradicional e a gaita como grandes protagonistas do espectáculo.
Os tempos son chegados. Budiño está de volta tras tres anos de silencio discográfico cunha pandemia de por medio. E non chega de calquera xeito. ‘Muiñeira da Lúa’ e a súa tarxeta de presentación e toda unha declaración de principios respecto ao que está por vir.
Un espectáculo divertido para toda a familia, en especial para os máis pequenos e pequenas, que lle dará unha volta de rosca ás rutinas máis cotiáns do baño.
O aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea, si as fai o pallaso Pico, desde unha perspectiva escatolóxica chea de humor e tenrura.
Inspíranse nos catro personaxes do conto popular, pero a historia vai por outros derroteiros narrativos coa aparición doutros que fan que os nenos e as nenas empecen a familiarizarse con determinados conceptos musicais. O obxectivo primordial é criticar o abandono animal e concienciar que as mascotas da casa forman parte das nosas vidas, como un membro máis da familia. Os temas cantados en directo son un vínculo entre a historia e os pequenos e pequenas. Ademais, descubrirase a algunha futura estrela da canción, a través dunha selección de cantantes nun momento da representación.
Os nenos e nenas gozan dun espectáculo baseado na amizade, no contacto coa natureza e no gusto polas pequenas cousas.
Esta actividade inclúese en Cultura no Camiño, programa coordinado por Turismo de Galicia e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para levar música, teatro, danza, maxia, obradoiros para nenos e nenas... nas vilas radicadas en distintas rutas xacobeas.
Sesión de contantacontos onde os nenos e as nenas descobren o sistema solar empregando globos e moito maxín e creatividade. Ao final da sesión, faise unha versión teatralizada dun conto inventado.
Contacontos baseado nunha tradicion popular de cartarlle a Maruxiñas para que voen. Pepiña busca polo xardín alguén que lle axude a voar, vai coñecendo os diferentes insectos que o habitan. Mistura a música e diferentes personaxes creados son distintos elementos elementos: globlos, escuma, Unha historia chea de tenrrura e diversión.