Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

O poeta do Miño

A partires do poema de Manuel María "Os peixes do Miño", contamos, debuxamos e musicamos unha historia onde haberá: aventuras ,perigos, medos a perda de inspiración, amor e moito Manuel María.

Esta actividade está baseada no libro  "O poeta do Miño" Edicións do Cumio 2015, da que somos autores.

Galego

Os monifates

Os monifates son un dúo cunha ampla experiencia musical, formado por un músico e un artesán de instrumentos tradicionais que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións. Nacen cunha filosofía de transmitir un son diverso e dinámico.

Galego

Máis Nadadamanga

Nadanamanga é un espectáculo máxico para xente que desexa pasar unha hora feliz e sorprendente.

Maxia gamberra para nenos de todalas edades, para adultos, para os que non o son, humor con participación do público, moitas risas, sorpresas e ilusión dende o primeiro momento, maxia de festa para todos.

Galego

45 R.P.M. (Risas por minuto)

45 risas por minuto é un espectáculo no que o público Participa activamente de forma natural..

A saída de escena dun pallaso diferente, acompañado por unha guitarra coa que pretende dar un concerto. A sucesión de gags, ao final, fai que sexa un Desconcerto.

A posta en escena con decorados, luces son, e un bo equipo de son, o espectáculo  está baseado na participación e improvisación, cos espectadores como protagonistas.

 

 

Galego

Momentos de asombro

"Momentos Asombrosos" está cheo de intres fascinantes:

Como facer maxia nunha mudanza?,

a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción,

o poder máxico da lectura,

ou como estar á moda co que xa teñamos pola casa.....

son só algunhas das moitas  aparicións de ilusións e humor  deste espectáculo...con comicidade, fondo musical e participación dos espectadores....e as manipulacións de cartas, cordas, mentalismo,etc.,  e un fío conductor cheo de "Momentos de Asombro"

Galego

Maxia a pé de rúa

Unha creación máxica, surrealista e a pé de rúa.

Xornais que cobrar vida, cordas sorprendentes, froitas, cartas e moito máis, xeran a trama dun acto cheo de gags visuais, diálogos apegados ó sorriso e prestidixitacións sorprendentes.

 

"Maxia a Pé de Rúa" é un espectáculo de ilusionismo, humor e participación dos espectadores, composto a nivel do chan.

Galego

Presentación do disco Virada por Avante

Xosé Constenla presenta o seu cuarto traballo discográfico, titulado Virada por Avante, cun concerto especial no que o autor ofrecerá as súas cancións unicamente acompañado polas súas guitarras e as súas historias contadas dun xeito íntimo na súa voz. 

En Virada por Avante atopamos claras influencias do folk-rock americano, de James Taylor a Ray Lamontage, xunto coa corrente iberoamericana de canción de autor, como sinal de identidade deste músico compostelano.

Galego

O soño dos contos

A  Xoana, non lle gustaba moito ler, seu pai e súa nai poñen todo o empeño para que vaia collendo gusto aos libros e aumente o interese pola lectura.

Unha tarde chegou ao pobo unha fada dos contos, Anduriña, que se adica a percorrer todo o mundo co gallo de fomentar a lectura e a educación en valores. Esa tarde Xoana, por vontade de seu pai e súa nai, tivo que asistir á actividade. Ao principio foi con poucas ganas, pero  grazas á fada comezará a espertar o seu interese polos contos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño