Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Ración de Breogán

Por Josito ou Moncho, os personaxes que interpreta en Padre Casares e Era visto! é coñécido en media Galicia.

Este lingüista metido a actor, mazaricano de trinta e oito anos, é xa un dos grandes da ficción no audiovisual galego.

Como humorista, Federico Pérez é autor do monólogo Ración de Breogán, onde interpreta a un sorprendente Breogán, que nun rexistro cómico conta como fundou Galicia.

Galego

Conto para escoitar mentres bailamos un vals

Neste espectáculo preséntasenos a un dos grandes directores de orquestra do mundo. Dende o seu habitat natural (o escenario) conta a historia de como unha das integrantes da súa orquestra chegou a interesarse pola música e cal foi o instrumento musical que quería aprender a tocar.

Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva teatro, danza, música e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

25 anos de ilusión

  • Inspirado en 25 anos de ilusións cheas de sorpresas, transformacións, aparicións...
    Unha coidada selección de números (novos) orixinais, e onde non faltan algúns dos números máis importantes destes 25 anos, cun enfoque actualizado.
    Fusión de maxia, humor e música nun espectáculo creativo, familiar e interactivo. Cheo de loucura e vida propia, para encantar e divertir, a un público que non se conforma con só números de maxia.
Galego

Los Claretes en Concerto

  • Los Claretes, banda Coruñesa de versións de clásicos dol Rock de todas as épocas

    (Creedence , Dire Straits , Ac/Dc , Loquillo , Leño , Prince , U2 , Bruce Springsteen , Burning , Elvis P.....)

    Formada en Outubre del 2012 por:

    Gonzalo Mecha - Batería (ex -Eternos)

    Richi Garcia - Voz y Guitarra (ex - Capitán Morgan)

    Fernando Pardiño - Guitarra (ex- Someplace)

    Luis Fuca - Bajo (ex-Someplace)

    Banda residente dende Octubre do 2012 do Fórum Celticum do Burgo e no Corralón da Coruña.

     

     

Galego

Historias da Curripa: romances, viaxeiros e aparecidos

Historias da Curripa: romances, viaxeiros e aparecidos é un lego oral e humorístico que nace ao abeiro das "curripas", que así lle chamaba a xente maior nalgunhas zonas de Galicia aos camiños abandonados ou engulidos polo progreso ou a natureza. Neste feixe de historias e contos fúndese o moderno coa tradición, o rural co urbán e a literatura culta coa chamada literatura oral.

Galego

Leilía

A finais do 89 decidiron  dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é unha homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de   Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Galego

Monólogo de Isi

O instinto cómico de José Manuel Rodríguez, máis coñecido como Isi, permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico natal até que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Desde entón, milleiros de espectadores poden gozar na televisión ou nos escenarios da arte de Isi para convertir os momentos cotiás en memorables anécdotas coas que escachar da risa. As historias sobre a súa particular familia con tres nais e sobre os seus histriónicos veciños e o falar rápido e nervioso son a súa especialidade, sen esquecerse dos mellores chistes de sempre.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño