Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Xardín desordenado

O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está adicado exclusivamente a mulleres.

Desde a máis veterana Rosalía ata a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que nárrase neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.

 

Galego

Que anos aqueles!

Monólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou no.

Galego

Rodesindo da Barrosa

Rodesindo da Barrosa, 'gobernador de Ourense', é un afiador que dende o ano 2002 leva percorrendo coa súa roda de afiar teatros, escolas, casas de cultura, feiras etc.

Tondela (Portugal) Madrid, Taramundi, Albacete, Castellón, Oviedo, Paris... son algúns dos lugares polos que andou Rodesindo exercendo o seu oficio. Afiando coitelos, tesioras, navallas... facendo "piercings" anatómicos con arame do Carballiño do sete e colócados en calquer parte do corpo, ....amañando as goteiras dos 'pariaguas'..

Galego

O horroroso crime de Xan Miñoca

Baseándonos nas farsas de títeres de cachiporra tradicionais, que inspiraron as creacións deste xénero de autores como Lorca, Blanco Amor e outros, presentamos esta farsa para títeres na que o cura, o rico, o pastor e Xan Miñoca pretenden os amores de Consolación. Todo ben condimentado coa música e efectos do Señor Pianista.

Manipulación:

Anxo García

Pilar Álvarez

Xulio Balado

Galego

Con-certo ritmo

Cancións propias e versións dos anos 70 y 80 de Joe Cocker, The Beatles, Simon & Garfunkel, Bruce Springsteen, Joaquin Sabina...

Trátase dun concerto dinámico para o programa Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se celebran as actuacións.

Galego

Barriga verde

 Mesturando a tradición do títere galego coa  europea, Viravolta Títeres recolle cinco situacións que resolve dun xeito que incomoda ao Demo  ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos

Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego.

Preséntase como unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX.

Galego

Uxía e banda

Espectáculo cunha selección de poemas musicados de escritores galegos, entre os que se encontran Rosalía de Castro, Castelao, Manuel María ou Uxío Novoneyra.

 

Uxía: voz.

Sérgio Tannus: guitarra e viola caipira.

Santi Cribeiro: acordeón.

Isaac Palacín: percusión.

Galego

Uxía lambona e a banda molona

Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”,…pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos e nenas presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!

 

Galego

Familia? Non grazas

Elenco: Pedro Brandariz Gómez

Familia? Non grazas é un espectáculo no que o monologuista, Pedro Brandariz, analiza dunha maneira cómica as relacións familiares que se dan entre as fillas e fillos e as nais e os pais, e tamén coas avoas e avós, as irmáns, os curmáns, a familia de lonxe, a familia de cerca … Todo esto dende un punto de vista humorístico e teatral que provocará as gargalladas do público.

Todas as persoas vivimos no seo dunha familia, máis grande ou máis pequena, polo cal a identificación coas historias que narra o "noso contador de historias" será total.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño