Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Lydia Botana en concerto

Bolboreta presenta un directo no que o fío conductor é a música xunto a mensaxe que a cullerdense Lydia Botana (voz, piano, guitarra, acordeón) transmite tocando os seus temas que falan sobre o respecto pola terra, as persoas e a superación dos obstáculos que nos atopamos na vida fusionando xéneros musicáis coma o latin, o rock, o pop, o ska… e versións que abranguen dende o tradicional “Túa nai é meiga” ata o reggae de Bob Marley.

Galego

Uxía

Actuación con ¡música tradicional a cargo de Uxía Senlle e Sergio Tanus para a programación de Cultura no Camiño.

Confirmar datas e horas nos concellos onde se celebra o concerto, xa que pode sufrir modificacións.

Galego

Arias e romanzas de ópera e zarzuela

Neste programa preséntanse os máis emblemáticos números de ópera e zarzuela.

PROGRAMA

Las Bodas de Figaro: "Che soave zeffiretto"
Tosca: "Vissi darte"
Mefistofele: "L'altra notte in fondo al mare"
Lakmé: "Dúo de las flores: "Sous le dôme épais"
Bastian y Bastiana: "Diggi, Daggi"
Serse: "Ombra mai fu"
Gianni Scchicchi: "O mio Babbino caro"
Carmen: "Habanera: L'amour est un oiseau rebelle"

Actuación dentro do programa Cultura no Camiño.

 

Galego

Circo de lume

Un espectáculo de pura acción, que ten como obxectivo manter a atención ao 100% e impresionar ao público.

Circo de lume é un espectáculo para todos os públicos, ideal para a noite. Consta de emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofaxia, humor e trato directo co público. Interpretado por Joao Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con máis de trece anos de adestramento, que fan que este espectáculo luza efectos visuais impresionantes e de xeito seguro, dignificando así o motivo dos actos con lume.

Galego

Asacocirco Show

  MIRIAM CRESPO GÓMEZ

  Clown, Malabarista ,Actriz

                                               

JOAO ALVIM E ARAÚJO 

Malabarista ,Actor, Acrobata. 

       A Cía. ASACOCIRCO transforma calquera espazo nun pequeno gran novo circo, onde a risa, o risco e a espectacularidade están garantidas en todas as súas actuacións, conseguindo deste xeito que o público de todas as idades o pase en grande.

Galego

Lémbrame un soño

Catro mulleres, Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai. 

Actividade dentro da programación de Cultura no Camiño.

Galego

Monólogo de Petróleo

Luis explica as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor perségueo o chunguismo, sen dúbida ningunha.

Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra.

Galego

Luis Emilio Batallán González

Luís Emilio Batallán é un cantautor cunha longa e recoñecida traxectoria, con máis de 40 anos de música en galego.

A súa oferta musical complementa voz con guitarra, ofrecendo chans acústicos nos que inclúe cancións do seu novo disco "Había que chegar". Composicións propias e poemas musicalizados como grandes éxitos: "Aí vén ou maio", "Quen poidera namorala" ou "Esperarei".

Galego

Lucía Pérez

Continuando coa súa actividade artística, Lucía Pérez ofrece agora outra modalidade diferente en canto ás súas presentacións cara ao público refírese.

Trátase dun concerto totalmente acústico dunha hora de duración no que se presentan as cancións acompañadas soamente por guitarra, percusión, harmónica e outros pequenos instrumentos deixando ás voces un protagonismo que noutro tipo de formato non teñen.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño