A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Alicia collera por costume, escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Henry,deráselle por beliscar nos libros, como si non houbera mañá. A avoa e papá dicían que os meus amigos eran raros. Mais eu sempre pensei que iso de ser raro é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?
O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está adicado exclusivamente a mulleres.
Desde a máis veterana Rosalía ata a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que nárrase neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.
Monólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou no.
O espectáculo desénvolvese no interior dunha caravana reconvertida nun Teatro, pero non nun Teatro calquera, probablemente, o TEATRO MÁIS PEQUENO DO MUNDO
Dicía Eduardo Galeano que estamos feitos de historias. Todo o que hai de certo nesa frase, convértese en verdade neste espectáculo.
Un Ilusionista non o é tan só pola maxia que mostra encima dun escenario, senón (sobre todo) por todo canto aprende polo camiño que o leva ata el. 'Historias dun Ilusionista' é unha seleccion de xogos que lle marcaron ao Maga Rafa e que agora el achega ao público.
Espectáculo de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
Dona Cegoña cansa de tanto ir e vir entregando encargos polo mundo solta nun galiñeiro galego un paquetiño azul que levaba no seu pico, e que tiña como destino… Africa!; isto non é do agrado dos pitiños do galiñeiro que non queren un estraño na súa casa e intentarán de todas as maneiras posibles botalo de alí. Pero as cousas vanse complicar cando aparece Dona Raposa … quere merendar!
Espectáculo infantil de monicreques, dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
A maxia tamén forma parte das actividades de Cultura no Camiño, programa que percorre con espectáculos de teatro, musicais, danza e novo circo os concellos de rutas xacobeas.
Nesta ocasión, trátase do divertido e familiar número de Manuel Lamas, dirixido a todos os públicos.
Confirmar datas e horas nos concellos onde se desenvolve.
Mesturando a tradición do títere galego coa europea, recollemos cinco situacións que Barriga Verde en compañía da súa cachiporra, resolve dun xeito que incomoda ao Demo ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos
Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego. Preséntase coma unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX
O Mago Charlangas convídanos a viaxar a través do tempo co seu espectáculo Temporal, onde a maxia e o teatro mestúranse creando unha historia na que navegaremos pola nosa imaxinación.
Coñeceremos a un Científico Chiflado e os seus increibles experimentos e viaxaremos co Pirata Barbanegra en busca de máxicos tesouros.
Espectáculo de maxia dentro do programa Cultura no Camiño. Confirmar data e hora no concello onde se representa.