Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Vaamonde, Lamas e Romero en concerto

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. 

 

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto, que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

 

Galego

Moulin Rouge

Un muiño móbil e diferentes personaxes saídos do mundo do cabaret (xigantes, bailarinas, malabaristas...) percorrerán e dinamizarán as rúas da vila interactuando con todos os presentes ó ritmo do "French Can Can". Neste espectáculo haberá bailes, temas cantados en directo, malabares...

Galego

Vaamonde, Lamas e Romero

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. 

 

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto, que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor.

 

Galego

Lume

Conta a lenda que cando o ceo está limpo, cando a choiva non molla, e a xente sae á rúa a disfrutar da noite,… uns diabólicos trasnos, meigas, diaños e mortos vivintes, ascenden do mais profundo do inferno para saltar, gritar e queimar a todas as pobres almas que por alí asomen. Din tamén que, ó chegar ó fin da noite, terminan o seu diabólico percorrido queimando e mandando ó infierno ó peor dos pesadelos do pobo"

Neste pasarrúas, diferentes personaxes saídos do infierno, entre eles o fillo  do Demo, percorrerán as principais rúas da cidade ó ritmo que marcan os tambores.

Galego

Errantes

En noites de lúa nova, a cidade tórnase escura…, orcos, trolls e alimañas…, seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolvéndonos no seu delirio e facéndonos partícipes da súa tolemia, lévannos a unha peregrinación eterna transportando no seu carro a maior das súas demencias: O ORLOK

Galego

A caixa de música

Icía e Salterio, xogando estragan a caixa de música de Calderón, o vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Zaracruso e Alterego, que lle poden prestar “gran axuda”.
 
É un espectáculo visualmente atractivo, debido a iluminación e as cores refletantes na luz negra. 

A música en directo crea un universo único que atrapa aos espectadores e trasladaos ao mundo de Icía e Salter

 

Programa musical:

1-Vals do organillo

2-Rumba da casa de música

Galego

Viaxar con títeres

 

A celebración do noso XXVI Cumpreanos, xa que o do ano pasado non puido ser, concrétase de novo na Expo-Espectáculo VIAXAR CON TÍTERES 2021 que recolle a andadura da compañía Títeres Cascanueces, hoxe denominada Garabato de Xogos nestes 26 anos.

VIAXAR CON TÍTERES 2021 ademáis do espazo expositor, contará cun escenario para representacións e unha area para obradoiros e xogos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño