A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Esta historia sobre porqué os merlos ao cantar semellan dicir “rei, rei” foi escrita por Karel Kapeck poñéndose no lugar dos máis desfavorecidos socialmente. Neste espectáculo investígase sobre a técnica tradicional dos títeres de luva e recupérase a súa frescura e rebeldía.
A nosa protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades.
Coma para todas as mulleres, o día non remata chegando ó fogar.
A ilusionista creará fantasías coa louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, demostrará o sexto sentido e a intuición feminina, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma forza que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.
Alba Noctúa naceu en novembro de 2005, despois dun longo percorrido musical por separado dos seus compoñentes; Paloma Suanzes e Miguel Mosquera, músicos galegos cun gran amor pola música propia e que buscan a súa orixe no tempo e no espazo. Comparten tamén un grande interese polas músicas doutras culturas, (dende as súas raíces), buscando sempre a universalidade da música como expresión común dos pobos. Estes músicos coñécense durante a gravación do disco de Paloma “Feitizo” no ano 1999 pero non é ata o ano 2001 que comezan a colaborar musicalmente.
Falua, composto por Sara de Sousa na voz e Gom de Abadim na guitarra acústica, integra no seu repertorio un percorrido polos sons da lusofonia con músicas galegas, portuguesas e mesmo brasileiras. A formación folk do guitarrista mistúrase coa tradición fadista, creando así o estilo que dá unha nova luz a temas que fan parte da historia musical lusófona.
Agoraphobia lanza o seu primeiro EP, "Dirty Little Things" a finais de Setembro do 2014, tras ter gañado o concurso de talentos musicais VODAFONEyu. Foron seleccionadas entre un gran número de propostas de toda a península.
Compartiron escenario con grupos de primeira liña nacional como Russian Red, The Zombie Kids, Lori Meyers, Wally López ou Delorean e teñen tocado xa como cabezas de cartel en festivais da relevancia do Brincadeira, Son Rías Baixas ou o Castelo Rock. Agora preparan o seu salto a nivel nacional e internacional.
Elenco artístico de Elefante Elegante:
Gonçalo Guerreiro e María Torres
Que aconteceria se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.