A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Os ratos de Lonxedetodo son ben coñecidos en moitas Bibliotecas de Galicia. A cousa que mais lles gusta na vida, a parte do queixo, é ler e viaxar. Nas súas viaxes polo mundo adiante coñeceron contos imprescindibles e cancións que agora nos presentan.
O ferreiro e o diaño narra a longa vida dun ferreiro que un bo día recibe na súa ferraría a visita de Xesucristo e ao outro a de o Demo. Negociando con todopoderosos seres o astuto Miseria é quen de sacar tallada doble aunque súa astucia acaba por ser a súa perdición.
Barriga Verde vai polas feiras contando contos e facendo monicreques. Todo son risos e diversión ata que unha noite, o noso amigo Barriga Verde atopa os seus instrumentos musicais metidos dentro dun caldeiro listo para ferver. Quen será o tolo que fixo tal? Sabedes que vai facer Barriga Verde? Pois, investigar.
Espectáculo dentro da programación de Cultura no Camiño.
Xan Laranxal e a macaquiña Kiku presentan esta gran aventura que comezou hai cincocentos anos, máis ou menos, cando, nun lugar do camiño, Gaiferos se atopou co Demo, que o desafiou ao xogo da Oca.
Tivo sorte cos dados o peregrino e gañou a partida ao do inferno, quen andivo por todo o Camiño facendo despropósitos e maleficios para detelo.
Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Deimi é un mago do Ribeiro que leva anos movendo os seus espectáculos por todo Galicia actuando tanto para público infantil como adulto. Un mago total que ademais de tocar a parte máis divulgativa da profesión, ten unha gran técnica e un interesante repertorio de números: escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello, maxia con lume, levitacións, mentalismo ....
Maxia moi variada e divertida para o programa Cultura no Camiño.