A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
A música de Caramuxo Vermello pódese recoñecer por ter unha sonoridade novidosa e un estilo progresivo caracterizado por ritmos arriscados, melodías evocadoras e letras poéticas con pinceladas de humor, ao que lle chaman R&F (Rithm & Free).
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Un home silencioso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e impregnado de corrupción política.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Rodarirrodari é un espectáculo de narración oral, con acompañamento musical, no que se emprega o conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para, partindo da domesticación dun animal como o burro, chegar ao uso ou abuso das novas tecnoloxías.
O tranvía de Marín, baseado na descrición humorística que fixo Castelao, servirá como medio de transporte do espectáculo.
Este espectáculo forma parte da programación Cultura no Camiño, que leva música, teatro, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.
O vagabundo Fuco Rei atópase na rúa cun forasteiro que vai tras o seu chapeu. O forasteiro, para poder perseguilo máis comodamente, deixa a súa maleta chea de diñeiro ao coidado de Fuco. Todo vai ben ata que Fuco é acusado inxustamente de roubar os cartos e acaba en prisión.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Comedia de enredo, romántica, aderezada cun pouco de vinagre real, unhas pingas de tenrura, unha areas de clown, con salsa de humor, unhas gotiñas de sorrisos e todo misturado con moito amor.
Pódese tomar frio ou quente, moi nutritiva e dixestiva.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
O espectáculo está enfocado para público familiar, cheo de ritmo, música e humor. As distintas disciplinas que se inclúen dentro do espectáculo son: zancudo, clown, mimo, maxia animada, monicreques, teatro na rúa, música ao vivo,...
Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva música, teatro, novo circo e danza por concellos onde discorren as rutas xacobeas.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
David Regueiro é un músico versátil. É un habitual dos festivais de jazz galegos mira cara ao jazz manouche sen complexos, cunha formación moi seria que chamou Swingtet.
O guitarrista vigués ten experiencia e desenvoltura para "swinguear" ao Django e conseguir ao mesmo tempo que a súa música soe eficazmente moderna destacando a seu Swingtet.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Unha gaita presenta a historia sobre o rito da queimada desde a simboloxía e as crenzas populares. Unha voz en off narra o que se anda a ver para que sexa facilmente comprensible.
Aparecen as meigas e interaccionan co público (coa discreción necesaria).
Por último o Druída é quen manterá a raia ás forzas do mal grazas á súa frauta, para poder conxurar e cociñar este brebaxe máxico, co que se invita aos presentes.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Pizpireta é unha gran contadora de contos e sempre vai acompañada do seu gran baúl máxico, só coa axuda dos máis pequenos conseguirá abrilo para que poidan saír todas as historias.
Trátase de historias interactivas acompañadas dos diferente elementos que Pizpireta vai sacando do seu baúl a modo de monicreques, complementos para caracterizar aos nenos e nenas de personaxes de conto e algún que outro elemento máxico.
Este espectáculo forma parte de Cultura no Camiño.
A animación á lectura dos máis pequenos está asegurada grazas á experiencia única de formar parte dun grupo musical, acompañado cancións moi axeitados ás súas idades.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.