Dous son parella
Elenco: Jose Manuel Rodríguez Puente "Isi"e Celso Sanmartín ou Patricia Vázquez
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Elenco: Jose Manuel Rodríguez Puente "Isi"e Celso Sanmartín ou Patricia Vázquez
Elenco artístico de Elefante Elegante:
Gonçalo Guerreiro e María Torres
Que aconteceria se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.
Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?
Antía e Wamba coñecéronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era nena. Pero pasaron os anos e agora Antía está en África traballando coma cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida.
As dúas seguen en contacto, falando a través da rede. Antía, no medio do seu choque cultural, descubrindo África, co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos, e Wamba loitando día a día por saír adiante.
Na casa de Violeta ultimamente hai bastantes problemas. Tantos que Violeta, o seu pai e a súa nai teñen que deixar a súa casa e ir á da avoa. Pero o peor aínda estaba por chegar. Unha noite Violeta, metida na cama coa súa avoa, comeza a soñar en branco e negro. Os seus soños quedaron sen cores! Menos mal que alí estaba a avoa e un vello libro cheo de cores e de contos para soñar, rir e volver a crer que os problemas teñen solucións e os nosos soños poden ter todas as cores que queiramos.
Pindi e Rico son dous irmáns pertencentes a unha gran familia dedicada ao circo. E nesta ocasión, os dous, van montar un circo moi peculiar, onde haberá equilibrios moi perigosos, números de leóns (sen leóns, desparicións, forzudos, instrumentos diabólicos, levitacións e clown, sobre todo moito clown.
Pindirico Show é un espectáculo para todos os públicos no que se traballa o humor absurdo de moi diferentes maneiras. Un espectáculo que fara rir e emocionará a partes iguais.
Pedro Brandariz Gómez
Felipe Díaz Valle "Caxoto"
A exitosa e recoñecida Familia do Pindirico volve á carga, desta vez montando (ou intentándoo) un gran “ristorant” onde lles sucederán unha manchea de cómicas e sorprendentes dificultades que irán salvando moi creativamente.
As gargalladas e diversión do público infantil e familiar están totalmente garantidas.
Ademais, este é un espectáculo moi didáctico pois ensina ás cativas e cativos a comer dunha maneira saudable.
Elenco: Pedro Brandariz e Víctor Grande
Pequenas Inmedioteces é un espectáculo de improvisación teatral para público familiar, no que os actores-improvisadores crearán escenas cómicas a partir das ideas que as cativas e cativos vaian aportando de maneira interactiva.
Polo tanto, as pequenas e os pequenos serán as auténticas e auténticos guionistas dun espectáculo único, inédito e irrepetible.Trátase dunha montaxe moi divertida e moi motivadora e didáctica para grandes e pequenos.
Desastronauts chega cun incrible espectáculo de acrobacias aéreas que inclúe técnicas de trapecio en voo, unha especialidade tan espectacular, como arriscada e pouco habitual.
Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... Estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil. Veremos como a súa loita frenética vaise intensificando a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas e un hula-hoop de lume.
De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que decidiron incorporar a Guillerme Fernández (guitarra). Déronse a coñecer a través de internet cunha sorprendente versión do Gangnam Style, de Psy. E iso que, cando decidiron poñer en marcha o experimento, pretendían ser un grupo de versións das Spice Girls, pero Guillerme convenceunas para amplar o abano de artistas aos que versionar.