A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?.
Espectáculo que percorrerá as rúas do pobo, conxurando a maxia e o circo para crear un mundo fantástico cheo de ilusións e sorrisos.
Dous magos acompañados de dous zancudos serán os encargados de marabillar o público que atopen o seu paso polas rúas e prazas. De tal xeito que todos seguirán este pasarrúas ata chegar a praza máxica, na que os dous magos realizarán un gran espectáculo conxunto.
Este é un dos espectáculos infantís de maior éxito dos últimos tempos, obtendo un recoñecemento pleno do seu bo facer, tanto polos miles de nenos que corean e móvense ao ritmo das súas cancións.
O seu espectáculo musical e divertido, onde Susana interactúa cos 16 personaxes infantís que ela creou e cos que comparte escenario durante 75 minutos, fan que se converteu nun reclamo público imprescindible, en calquera programación infantil.
Somos un coro de cámara que interpreta música antiga, medieval e, principalmente, renacentista, aínda que sen renunciar ao reto do que gozamos coma se fose un xogo: o de mesturar a formación de coro de música antiga coa de interpretar composicións do século XXI, cuxa tinta, ás veces, aínda non se secou.
“Como cho conto...” é un espectáculo de narración oral, unha sesión de contos na que se van enfiando historias, anécdotas, lerias... de creación propria, as veces baseadas na tradición oral, ou ben na literatura axeitada á oralidade.
Nunha mistura entre o narrador e o xogral da palabra, entre o charlatán de feira e o cómico, as historias de cada sesión escóllense e réxense sobre a marcha, dependendo do ambiente, o público concreto, a gana e inspiración do “conteiro”, as circunstancias do día...
O grupo está formado por Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Múñoz (batería).
Algúns deles levan case 10 anos de experiencia no ámbito da música infantil, en proxectos como "Mamá Cabra", con gran aceptación e éxito entre o público.
Unha proposta de calidade que garante diversión para gozar en familia.
No seu repertorio hai temas con diferentes ritmos musicais que van dende o rock, disco, punk ou reggae.
Música infantil para compartir en familia. "As Parábolas de Pakolas" chega da man de Paco Cerdeira como espectáculo de pequeno formato no Pakolas, interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para os mais pequenos.
Aprende a bailar con calquera dos repertorios do grupo Pesdelán: "Na punta do pé" ou "Entroidanzas". Montse Rivera guía os pequenas e pequenos para estes primeiros pasos.
Trátase dun espectáculo para tódolos públicos ata un máximo de 100 persoas, dentro da programación Cultura no Camiño.
Confirmar datas e horas nos concellos onde se leva a cabo.