Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Amoriños Contei

Amoriños contei,  unha seria de contos de fontes diferentes, no que se destaca a presenza do amor en cada un dos contos que se contan e escoitan no mundo; pero non falamos só do amor entre os namorados, senón o amor entre os amigos, o amor a un fillo, o amor ás zapatillas vellas, o amor as cousas... Amores agochados en cada un destes contos, amores esquecidos, atopados, divertidos, mentireiros, altos, pequenos, voadores..., amoriños contados

Galego

Camiño longo

Tania Fuegho da a coñecer a súa valía como cantante cando interpreta por dúas veces con Mónica Naranjo "Sobrevivirés", "Pantera en liberad" onde a crítica lle da unha moi boa nota.

Realiza outas colaboracións con artisatas como Francisco, Andy y Lucas, Angy, ...

Tania Fuegho, unha artista de voz poderosa, gran testura, talentosa, que desprende unha gran simpatía e carcanía.

Un concerto único, espectacular e íntimo.

Galego

Sons miúdos

A música galega está pasando por un excelente momento, pois conta na actualidade con grandes e variadas propostas entre as cales destacan as destinadas ao público máis pequeno.

Galego

Son+D2

Neste concerto didáctico, faise unha viaxe polas diferentes músicas e ritmos do mundo, dedde Galicia pasando por Latinoamérica (Brasil, Perú, Cuba..) ata África.

Utilizando o teatro e buscando a complicidade e a participación dos nenos e nenas, irase explicando as características dos instrumentos que empregan dunha maneira lúdica, deténdose nas anécdotas de cada instrumento ou cada ritmo ou estilo musical.

Galego

Silvia Penide e Félix Arias

Silvia Penide e Felix Arias únense para facer soar temas propios e cancións dalgúns dos seus referentes musicais dende un punto de vista moi particular conseguindo crear unha atmósfera enerxética e envolvente coa que o público disfruta percorrendo grandes clásicos da canción popular (Dúo Dinámico, Patty Pravo, Chavela Vargas,Christina Rosenvinge,...).

 

Galego

Tronzar os valos

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.

Galego

A peregrinaxe da vangarda

Expresión corporal: Mari Ah!
Músico: Alvaro Muras
Audiovisuales: Angeles García
 

Camiño dunha confluencia artística que nos leva a unha experiencia extrasensorial difícil de esquecer por medio da danza, a música e os audiovisuais.

Unha sinerxia de expresións peregrinando cara á vangarda.
 

Galego

Vai Trío en concerto

Vai é o grupo formado por Xosé Ramón Vázquez no acordeón, Giao Rodrigues na guitarra e a mandolina e Roberto Santamarina no violín. Os tres foron membros de Fía na roca, onde se coñeceron e tocaron xuntos durante quince anos. Agora presentan este proxecto, un formato acústico adaptable a todas as situacións, sólido no musical e lixeiro na posta en escena.

A súa música é na maior parte de composición propia pero sen deixar de lado o mellor repertorio tradicional, do que interpretan varias pezas tentando darlles un aire orixinal.

Galego

Samuel Levi y los niños perdidos

Todos los camiños conducen a Roma se presenta como unha iniciativa pioneira dun novo artista galego facendo uso de diferentes linguaxes da arte contemporánea (sempre relacionado coa música) está no camiño certo para ofrecer unha alternativa cultural para peregrinos, en colaboración con artistas doutras nacionalidades proporcionando un encontro sociocultural, expresión e interacción artística, o que beneficiará todos os fans de música do autor e, máis precisamente, os que realizan as rutas de peregrinación a Santiago de Compostela e Roma.

Galego

Ración de Breogán

Por Josito ou Moncho, os personaxes que interpreta en Padre Casares e Era visto! é coñécido en media Galicia.

Este lingüista metido a actor, mazaricano de trinta e oito anos, é xa un dos grandes da ficción no audiovisual galego.

Como humorista, Federico Pérez é autor do monólogo Ración de Breogán, onde interpreta a un sorprendente Breogán, que nun rexistro cómico conta como fundou Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño