Mago Xacobe e Kayto: dos magos alokaytos
UN ESPECTÁCULO DE MAXIA E CLOWN A CARGO DE DOUS GRANDES ARTISTAS:
O MAGO XACOBE E O PRESTIXIOSO MAGO INFANTIL KAYTO, PREMIO WARNER BROS Ó MELLOR MAGO CÓMICO
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
UN ESPECTÁCULO DE MAXIA E CLOWN A CARGO DE DOUS GRANDES ARTISTAS:
O MAGO XACOBE E O PRESTIXIOSO MAGO INFANTIL KAYTO, PREMIO WARNER BROS Ó MELLOR MAGO CÓMICO
Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto, onde o protagonismo de 4 arpas celtas e a polifonía das súas voces, dan vida a unha formación única, chamada Lulavai.
Coñécense en 2005, ó tempo que formaban parte da orquestra folk Sondeseu, baixo a dirección do ex compoñente de Milladoiro e mestre de arpa, Rodrigo Romaní.
Contos clásicos cos que tantas xeracións soñaron na infancia voltan dun xeito diferente, reconvertidos en divertidas cancións cun aire rock e blues en lingua galega para que os máis cativos as canten connosco, gozando de momentos moi especiais.
Cantaremos e bailaremos con Xan sen medo, Os tres porquiños, O galo Kiriko e algún outro entre xogos musicais e moitas sorpresas.
Continuando coa súa actividade artística, Lucía Pérez ofrece agora outra modalidade diferente en canto.
Trátase dun concerto totalmente acústico dunha hora de duración no que se presentan as cancións acompañadas soamente por guitarra, percusión, harmónica e outros pequenos instrumentos deixando ás voces un protagonismo que noutro tipo de formato non teñen.
Un espectáculo interactivo onde os nenos/as, e os que non son tanto disfrutarán das divertidas aventuras e desventuras destes dous pallasos, nunha constante sucesión de gags cómicos cheos de tenrura e absurda realidade.
Os xogos, as torpezas e o inocente inxenio de Lila e Lolo, farán que a risa e a sorpresa sexan un referente no desenvolvemento do show. Un espectáculo onde a participación do público é unha parte fundamental da función.
Un espectáculo interactivo onde os nenos/as, e os que non son tanto disfrutarán das divertidas aventuras e desventuras destes dous pallasos, nunha constante sucesión de gags cómicos cheos de tenrura e absurda realidade.
Os xogos, as torpezas e o inocente inxenio de Lila e Lolo, farán que a risa e a sorpresa sexan un referente no desenvolvemento do show. Un espectáculo onde a participación do público é unha parte fundamental da función.
Íntimo é unha viaxe, seguramente iniciática, na procura da esencia da maxia. Alguén moi especial puxo no corazón do mago Teto, cando era un cativo, a semente da maxia, e a partires dese momento medrou nel un soño. O soño de ser mago. Para conseguir cumprir ese soño, o mago Teto tivo que estudiar, preparase, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar. Viaxar polos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres, Nova Delhi ou Tokio. En cada lugar onde o mago vai, descobre algo da esencia da maxia, pero non todo.
Con motivo do seu 30 aniversario Santi Santos e a súa banda Los Limones farán un repaso dos grandes éxitos do grupo desde as súas orixes.
Historias da Corripa: romances, viaxeiros e aparecidos"é un lego oral e humorístico que nace ao abeiro das "corripas", que así lle chamaba a xente maior nalgunhas zonas de Galicia aos camiños abandonados ou engulidos polo progreso ou a natureza. Neste feixe de historias e contos fúndese o moderno coa tradición, o rural co urbán e a literatura culta coa chamada literatura oral.
Contos de Carlos Casares forman gran parte do repertorio deste Babacontos. Utilizando as ferramentas da narración oral tradicionais, coñeceremos a “Toribio” ese neno inventor creado por Casares, algunhas das historias do libro A galiña azul e pasaxes da peza teatral As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, da man da actriz Larraitz Urruzola.
Xogaremos a crear atmósferas poéticas, situacións que xurden da transformación da realidade, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da fantasía, da inventiva, da creación efémera e espontánea.