Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Carapuchiña Vermella

Carapuchiña é unha nena duns 9 anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da súa avoa para levarlle unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce. Na súa viaxe atoparase con un leñador, unhas árbores bailarinas e cun lobo... que fará das súas para intentar papala.

Toda a historia está narrada por Prácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir traballará arreo para escribir o conto máis bonito do mundo: Carapuchiña Vermella.

 

Galego

Profundizando na Galiza profunda

Monólogo cómico onde se analiza a vida dos galegos, en canto á súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e a familia. Abórdase o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, das súas costumes, das súas festas, etc.

Desde o “guapo, guapo non é, pero ten un pelaso”, ata o “ghastas pista", pasando polas manías dos pais e as obsesións das avoas, ata chegar aos chistes mais galegos.

Galego

Roedores

Autores: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Elenco:
Guillermo Carbajo - Peludiño, o hámster
Sheyla Fariña - Munda, a rata
Carlos Álvarez-Ossoiro - Gato

Galego

Raposadas

A raposa é moi lista e é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte pero tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira.

 

Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase á aldea cantaruxando unha melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo e aprender con el traballos do campo.

 

Galego

Onde está o mago Antón?

Autor, director e elenco: Antón Rodríguez

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?

Galego

Historias da Maletra

 

O 'O' está agochada detrás do 'Q', os 'R' andan a rir e rir cos 'I' mentres o 'C' e o 'G' axudan o 'H' a facer barullo...

Todas as letras xuntiñas viaxan e xogan dentro da Maleta. E cando se abre para coller as cousas todas as letras saen para fóra bailando e formando palabras que xogan á roda e contan fermosas historias.

Historias que levan moito tempo andando polo mundo, de boca en boca, de soño a soño.

Esta actuación forma parte de Cultura no Camiño, que leva teatro, música, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

Fíos do querer

"Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando Fíos do querer, resultando envoltorio agarimoso para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo".
 
Estas verbas serven para presentar o traballo en formato de concerto participativo acompañado dun libro-cd de Cé Orquestra Pantasma, vintecatro sinxelas e agarimosas cancións para meniños e meniñas de 0 a 3 anos.

Galego

Welcome

Que pasa cando dúas amigas non se ven dende fai tempo? Que se traen entre elas?

Intencións e emocións ocultas expostas á mirada da xente que pasa ao redor desta casa sen paredes

Risas, mimos, líos e anécdotas pasan neste piso moderno de 12 metros cadrados ... 

Moita, moita historia é a que teñen entremáns elas dúas. Compartindo a súa intimidade co público achegado. 

Elementos: Mástil chinés, acrobacia, manipulación de obxectos dende o prisma do teatro físico e a danza contemporánea.

Compañia Duelirium. Formada por Raquel Oitavén e Mercé Solé.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño