Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Senior

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50.

Cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González, trátase dunha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser sénior? Estamos realmente aviad@s para os retos e problemas que se nos botan enriba ao cumprir o medio século? E, sobre todo, estamos preparad@s para ser vell@s?

Galego

Coro Encaixe en concerto

"Somos Encaixe, unha potaxe musical nada das inquietudes e gustos musicais e artísticos de todos os que compoñemos esta formación vocal".
 
Todo esta variedade estilística converxe nunha aposta forte pola música elaborada neste país facendo versións vocais de grupos como Marful, Dhais ou Berrogüetto, aínda que tamén teñen un amplo repertorio de temas coñecidísimos de todos os estilos e todas as épocas.
 

Galego

Coro Encaixe en concerto

Nesta proposta de rúa, máis informal e sen necesidades técnicas, misturámonos entre o público e movémonos por diferentes lugares mentres cantamos.
 
Somos Encaixe, unha potaxe musical nada das inquietudes e gustos musicais e artísticos de todos os que compoñemos esta formación vocal.
 
Todo esta variedade estilística converxe nunha aposta forte pola música elaborada neste país facendo versións vocais de grupos como Marful, Dhais ou Berrogüetto, aínda que tamén temos un amplo repertorio de temas coñecidísimos de todos os estilos e todas as épocas.
 

Galego

Fillos do sol

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e consumido pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a criada nova da pensión na que está albergado.

Galego

Tardes de zarzuela

As melodías máis representativas do Teatro Lírico español  nas voces dun elenco de solistas da Compañía Lírica de Galicia baixo o título Tardes de Zarzuela forman unha montaxe que transita entre o sublime e o máis popular nun repertorio cuidadosamente seleccionado para ofrecer un espectáculo de calidade e á altura do público máis esixente.

Galego

Gran gala de ópera

Presentamos neste programa o repertorio operístico para soprano máis emblemático. Dúas sopranos profesionais abordarán un programa de gran repertorio, incluíndo obras dos autores máis recoñecidos e mundialmente vixentes e demandados, como Mozart, Verdi, Puccini, Leoncavallo, Bellini, etc en obras tan emblemáticas y coñecidas como Madama Butterfly, As Vodas de Fígaro, Turandot, Norma, Tosca, Carmen, Lakmé entre outras.

Galego

Bicos con luvas

Coanhadeira regresa cun novo disco: entraron no estudio de gravación onde gardaron nunha caixiña todas as pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco anos. Bicos con luvas pretende sumarse en positivo á música feita en Galiza, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar; ateigar do poder da percusión, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un dos compoñentes da formación e do camiño conxunto ata hoxe de Coanhadeira.

Galego

Atlántica

Iria Estévez, unha das cantantes máis valoradas da xeografía galega, presenta o seu traballo en solitario. Tras unha exitosa andadura dirixindo proxectos como Clave de FAdo (seleccionada polo INTERFADO de Cataluña) ou Arifi (gañadores do concurso internacional Castilla Folk) e colaborando con moitos outros, Iria Estévez mostra agora o seu lado máis íntimo con este novo proxecto: Atlántica.

Galego

Quimera

Quimera é un espectáculo inspirado nunha visión máxica da natureza, onde os soños e a mitoloxía se entrelazan.

Calquera ilusión, produto da psique, por improbable que pareza pódese tornar realidade.

Mediante unha linguaxe visual e acrobática esta viaxe fantástica estimula a imaxinación do público ata o final.

Elenco artístico: Tatiana Fontenla García / Iván Couso Campos / Fàtima Carbia Lorenzo / David Burgos Ruibal / Carolina Ramil Sanders /  Felipe Catalán Arufe e Alejandra Balboa Rodriguez

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño