A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Concerto Mónica de Nut e Virxilio da Silva (música ecléctica galega)
Mónica de Nut canta acompañada polo guitarrista Virxilio da Silva e a súa música é un percorrido polos dous discos publicados no selo FreeCode Jazz Records.
Nova sesión de contos para público familiar, terceira da compañía de teatro e clown «Bandullo Azul», con Filipa, (marioneta), como protagonista, e o actor Fran Campos.
A narración oral volve ser o fío condutor deste espectáculo para público familiar, que xunto coa teatralización e a música, farán unha crónica das «Viaxes de Filipa» por todo o mundo abordo do seu globo.
Baixo o paraugas dun mesmo espectáculo "Contos vellos novos finais" ofertamos tres espectáculos diferentes segundo os contidos que se queiran abordar. Cada proposta ten unha persoaxe, unha trama e unha proposta escénica diferentes. Sempre dende o bo humor, a narración oral e a educación en valores.
- Médico: Un médico ven a diagnosticar o sexismo. Traballamos contidos relativos á igualdade laboral (teito de cristal, brecha salarial, reparto laboral segundo o sexo, ...)
O grupo Galego ASTAROT (Cangas do Morrazo) fúndase no ano 1983 por catro rapaces dispostos a tocar versions Heavys nos locales que daquela eran a cuna do Rock na comarca do Morrazo, esa formación durou uns meses quedando solo o fundador Carlos Gandón.
Rodrigo Romani é un músico coñecido para o público galego e español,primordialmente entre os amantes da música de raíz , polo seu traballo como fundador do grupo Milladoiro , co que percorreu o mundo durante vinte anos, promovendo o uso do arpa céltica na música galega e colaborando con artistas e orquestras de primeira fila por todo o planeta.
É un paxaro?, é un avión? .... non é R2- P2, un alieníxena provido do Planeta LGTB que viene de expedición ao noso planeta coa intención de aprender a valorar a diferenza. No seu planeta todos visten igual, todos os días comen o mesmo (chourizos con xudías), ... todas as familias son iguais. Nesta viaxe aproveitará a presenza do público para inquerir como é a vida no noso planeta. Polos nosos costumes, as nosas tradicións, o que nos gusta, .... a través deste diálogo co público nenos e nenas poderán falarlle de como no Planeta Terra valoramos as cousas diferentes ....
Elenco: Bruxo Queiman (actor), Andrea Pousa (cantante) e tres músicos
Un verso, un cantar nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa; sumado ao gusto de fusionar distintas artes para ofrecer ao público un amplio abano de sensacións.
Este é o maior espectáculo de maxia cómica de tódolos tempos: Le Cirque, de François Lafayette. Un espectáculo inspirado tanto nas liñas de teatro clásico coma as correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico.