O Folión do Zampón
Espectáculo de animación de rúa que conta cun xigante ou cabezudo, dous músicos, unha zancuda e un actor nun velocíclope, un vehiculo moi particular. Un espectáculo moi participativo e divertido.
Zampón, ou lambón é un espectáculo con música en directo no que se mesturan actores con figuras grandes e monicreques para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis glotón do mundo.

