Patapatúm
Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos.
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos.
Víctor Grande presenta A Vida pasa voando, un espectáculo de monólogos de humor e cancións satíricas na que o cómico fala das súas experiencias vitáis axudado pola súa guitarra e a interacción co público. Humor intelixente, monólogos, parodias de cancións coñecidas e outras de colleita propia.
Dende os problemas que teñen os nenos pequenos para facerlle caso aos seus páis ata as novas tecnoloxías, pasando pola comparación entre Galicia en Estados Unidos. Estes son só algún dos temas dos que se fala neste show fresco e cheo de retranca.
Elenco: Josi Lage e Stephy Llaryora
Margot, a nai de Loló, queda non paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestructurada dende sempre, pronto se transforma en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen é a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar ata que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente?
Elenco: Stephy Llaryora (única intérprete).
O espectáculo consta de dous partes diferenciadas, cada unha co seu contido e personaxe independente. Parte da súa graza está na transformación dunha a outra parte, así como no uso do castelán e o galego. Pasemos a resumilas e nomealas:
Presentación do disco Xanelas
Músicos: Iria Estévez (Voz), Gonzo Piña (Guitarra), Paco Dicenta (Contrabaixo), Isaac Garabatos ( Bouzouki, Viola e Caipira)
Espectaculo basado na animación de rúa, festas, feiras, mostras, etc...
Contos, Cores e Rock´n´Roll chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.
Novo espectáculo onde os bonecos e obxectos cobran vida, e móvense, falan, contarannos cousas das súas vidas, e fan maxia, porque eles serán os protagonistas.
Como o gatiño Piqui que voa polo aire ao longo do escenario, a corda Valentina que é moi travesa e nunca obedece, o debuxo Rodolfo que fala nunha lousa e é un pouquiño rosmón, ou o orangután Hugo, que nos conta cousas divertidas e fai tamén maxia. Todos eles farannos gozar de momentos moi divertidos.
Manipuladores: Leticia Miranda, Jacobo Cabezas e Meritxell Hernández.
Histoira que conta as aventuras e desventuras de Peregrín, no Camiño de Santiago
Elenco:
María Canosa - poeta e actriz
Pepablo Patiño - actor e manipulador
Montse Piñón - actriz e manipuladora
Jorge Casas - actor e manipulador.