Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Concerto singular

Elenco artístico: Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Galego

Filipa cos contos

Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que soben á escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, qune lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia.

Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras.

Galego

Atlántica

Iria Estévez, unha das cantantes máis valoradas da xeografía galega, presenta o seu traballo en solitario. Tras unha exitosa andadura dirixindo proxectos como Clave de FAdo (seleccionada polo INTERFADO de Cataluña) ou Arifi (gañadores do concurso internacional Castilla Folk) e colaborando con moitos outros, Iria Estévez mostra agora o seu lado máis íntimo con este novo proxecto: Atlántica.

Galego

Un lugar chamado Mundo

Mariña é unha regueifeira e queda sen palabras...Nikolai sempre quixo ser músico pero tocoulle ser aviador...Xuntos farán unha viaxe polo mundo na procura de novas palabras para as súas regueifas porque o mundo ten moito que contar!!

Traballamos sobre a importancia das palabras e o idioma (Regueifa!!), a multiculturalidade, cuestións de xénero e o coidado do mundo, coa intención de xenerar curiosidade para que @s nen@s e as familias podan seguir investigando.

Elenco: María Angeles Iglesias (actriz), Tato López (músico) e Carlos Freire (músico)

Galego

Don Gelati

Un brillante día de sol chega á praza un vendedor de xelados co seu carriño-bici para endulzar os paladares e sacar un sorriso aos que alí viven. Pero este non será un día como outros...

Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño e os seus xelados.

O tempo apremia e ten que arranxalo antes de que o sol nos deixe sen frescos doces.

Galego

Riscando o ceo

Riscando o ceo  lévanos a un mundo onde o circo aparece  en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias, e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas.

Porque "o esencial é invisible aos ollos. Só se ve ben co corazón" (Antoine de Saint-Exupery, O principiño).

 Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe no risco e no humor. Un espectáculo de circo que emocionará  a todos os públicos a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés

Galego

Soul&Roll en concerto

Soul&Roll propón un espectáculo musical acústico innovador que marca a diferenza co seu repertorio do mais completo e variado cuns arranxos músicales-vocais adaptados e traballados minuciosamente, unha voz, coros vocais, guitarras acústicas, baixo, ukelele, percusión menor, bombo e un "Loop Station" que permite tocar todos estes instrumentos e facelos soar á vez creando os bucles musicais máis espectaculares e sorprendentes que, peza a peza, constrúen os grandes éxitos que todo o mundo desexa escoitar en VIVO E RIGOROSO DIRECTO. 

Galego

C´est pas Possible

Un espectáculo en clave de clown que invíta a ver que sí é posible saír da rutina.

Por diante un día máis de traballo, e baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función.

Afeita a traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Grande Artista brille na escena.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño