A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e xogar co efecto sorpresa son as claves deste espectáculo.
Catro son os elementos que definen este concerto didáctico e familiar que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que a senda da creación continúe a medrar.
David Merelas é MeReClown, un personaxe directo, descarado e extrovertido que o mesmo te sorprende cun equilibrio imposible que cunha tolemia das súas, sendo a interacción directa co público a súa marca persoal.
Comezou a súa andaina nas artes escénicas da man da Asociación Cultural Manicómicos de A Coruña. Prosegue o seu camiño a través da escola de circo CIRCONOVE de Santiago de Compostela e formándose en clown co método Dallaireda man dos mestres do clownda escola francesa “Hangar des Mines”. Actualmente prosegue a súa formación co director internacional WalterVelázquez.
Deimi, ofrécenos un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Tamén cabe destacar a variedade de xogos: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, maxia con lume, maxia con animais (coello, peixes.), aparicións e desaparicións, transformacións...
Todo acompañado de moi bo humor, música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público. Ao facer partícipe do espectáculo aos asistentes, a maxia faise mais crible e inesquencible para eles.
Espectáculo de improvisación teatral conducido polas Izquierdo Sisters que exercerán a un tempo de actrices, directoras, escenógrafas e dramaturgas das historias únicas e irrepetibles que serán creadas ó momento en escea coas aportacións in situ do público presente.
A través de varios exercicios de improvisación, xogando fronte ao público, xurdirán historias cargadas de humor e vida que nacerán e crecerán no mesmo intre de actualas.
Elenco: Lucía Veiga, Marita Martínez e Javier Brandido (opcional)
IMMERSION é unha reconstitución de si mesma, unha revisión en varias linguas afíns a Guadi, por territorio cultura e emoción, unha reinterpretación da súa própia música. Son once temas xa editados non seus últimos traballos e un tema inédito que soa agora en mundos musicais distintos.
A IMMERSION prodúcese nun universo íntimo, minimalista e arriscado.
O xoven mago galego Dani Polo, finalista do programa “Pura Magia” de TVE, achéganos o seu espectáculo I+D+I (Ilusión + Diversión + Imaxinación) no que propón unha auténtica viaxe polas diferentes ramas do ilusionismo: Dende o mentalismo ata a maxia máis visual, todo isto mesturando humor e a gran participación do público.
I+D+I é un dos seus espectáculos máis coñecidos, a cercanía co público fará que sexamos todos partícipes desta experiencia máxica.
Fernando Esclusa, a la voz y a la guitarra, (ex Guru Deva), Francisco Taxes "Pocho" (exRevolujoin), voz y bajo eléctrico, y Alberto Dopico "Delpi"(exBastards on Parade) a la batería, han proyectado sus obsesiones musicales hacia la década de los sesenta. Sin embargo, y ante las múltiples peticiones de otros repertorios para infinidad de veladas y fiestas de guardar han decidido sacar este cuidado set list, eminentemente rockero, para los amantes del legado del rock hispano de los años 80.
A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.
Espectáculo para as noites, música e lume. Unha posta en escea elegante e un nutrido conxunto de números de malabares con lume, fan desta actuación un fin de festa ideal para calquera evento.
Antorchas, cariocas lume, barras dobres lume e loita de espadas con lume.
Elenco: Sergio Prado, Sara Diz, Serxio Fernández e Yaiza López
“Encantamentos a Cor” é un espectáculo de maxia, humor e participación do público, que percorre todo o espectro óptico das fantasías e ilusións.
A través dos sentidos viaxaremos pola e coa imaxinación, nun espectáculo con sorpresas apoiadas en todo tipo de trebellos, adobado todo cun guión cargado de intres inesperados e imprevisíbeis.
Espectáculo para experimentar sensacións fascinantes, cheo de gargalladas, colaboración da concorrencia, moita luz e claridade.