A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Disfrutan riba do escenario para que vós disfrutedes. Mistura de voces e guitarra, armonías que estimulan os sentidos. Veñen de facer unha xira mundial de máis de 120 concertos. Grandes festivais, sesións vermut ou verbenas. Encheron prazas e teatros. Gañaron premios, fixeron galas, bandas sonoras para programas de radio e televisión e músicas para anuncios publicitarios.
Ritmos swing, jazz, rock&roll en todas as rúas a cargo de Os Bregadiers, experimentados músicos galegos nunha formación que leva á rúa músicas doutras latitudes nunca antes escoitadas nas vilas e cidades galegas.
Inspirados nas brass bands, fanfares, bandas gipsy, etc... os Bregadiers son herdeiros desta tradición, cunha calidade musical e artística fóra de toda dúbida.
'Quéroche un conto' era unha expresión que tiña a miña avoa para dicir que todo tiña ó seu aquel, e soía dicila xusto antes de arrincarse a contar como cambiaran as cousas desde os seus tempos.
Das súas anécdotas e doutras recollidas de familia propia e allea vai este conto. De como eran os amores e as regueifas, das festas e os peligros do pasodobre, dos alcumes e a retranca, das peculiaridades do noso carácter que tanto cambiaron...ou non... En definitiva, das cousas de antes e as cousas de agora.
A animación, oclown e a música toman as rúas con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de grandes músicos e actores con experiencia en compañías e grupos como Odaiko, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Os Tres Trebóns... Coa dirección de Fran Rei, esta mestura de clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público crean un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.
Elenco: Félix Rodríguez, Olivier Cano y Óscar Prieto
Músico e contador de historias para todas as idades, como os antigos bardos galegos, o bardo Abelardo recolle contos, cantigas e danzas da nosa rica tradición cultural que combina con outras mais actualizadas para sensibilizar as e os mais novos con a música, a natureza, e a nosa lingua.
Ano 1890. Inauguración da taberna de Pepa a Loba. A súa gavela ó completo: Xan Quinto "o vello", Maninocente e Calamity Jane celebran este día tan esperado, mais... un cobizado tesouro se agocha moi perto e so ela sabe o segredo. Precisa da túa colaboración...ATRÉVESTE?
Trátase dun contacontos interactivo onde a danza e a música se funden coa natureza, poñendo en valor a a amizade e a perspectiva de xénero.
QUIMERA é unha viaxe onírica que nos acerca a traverso da fantasía a un mundo de ilusión, é un tránsito entre o real e o imaxinario que anima o personaxe a alcanzar eses soños ocultos que sempre tivo por inalcanzables.
Soños onde unha escaleira pode chegar a converterse nunha perfecta compañeira de baile, en amante, madre e esposa duns fermosos nenos-escada. Soños onde o amor convértese en motor das nosas vidas.
SÓ é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero SÓ é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.
Un personaxe único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.