Milladoiro en concerto
Percorrido polas composicións máis lexendarias do grupo Milladoiro dende as súas orixes ata hoxe. Unha homenaxe á longa traxectoria do grupo folk galego por excelencia.
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Percorrido polas composicións máis lexendarias do grupo Milladoiro dende as súas orixes ata hoxe. Unha homenaxe á longa traxectoria do grupo folk galego por excelencia.
Timoteo cambiou o seu kiosco por un restaurante que se chama COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos
e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes
moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor... digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de
piratas...Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK?
“Eu cociño, ti cociñas?” é a nova montaxe de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo músico-treatral que
Unha muller normal, desas que saben que nunca aparecerán en ningún libro de historia, está a piques de concretar unha fantasía e cambialo todo...
Elenco: Mª Ángles Iglesias
Elenco: Laura Villaverde
Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, que nos gusta, que nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.
Oradaladou somos Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz), e Carlos Quintá (violín e voz).
Construímos neste proxecto artístico o noso universo sonoro conforme entendemos na actualidade e nas nosas vidas a fermosa literatura de tradición oral recollida por Antonio Fraguas no cantigueiro.
A Bakin Blues Band está formada por Javier Turnes, voz e guitarra, David “Tato” Vázquez, guitarra solista, David “Bibi” Prieto, baixo, Alejandro Casquero, teclado, e David Failde, batería.
Este proxecto percorre a historia más clásica do blues, desde I can’t be satisfied de Muddy Waters, pasando por Evil de Howlin’ Wolf, Don’t start me talkin' de Sonny Boy Williamson ou o Oh Red de Rufus Perryman.
As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Trabancas, concello de Padrenda, que cantan coplas e contan historias escoitadas ou inventadas, con moita retranca e non menos sabedoría.
No ano 2019 A Casa do Terror gaña o Premio da Música Galega na categoría de ´Música Infantil´.
Este espectáculo musical e teatral, que está a recibir moi boas críticas de prensa e público, ven da man dun libro-cd editado por GALAXIA.
A Casa do Terror é moi potente, moi rockeiro e sobre todo moi participativo. Ten influencias das películas de medo dos anos 50 e 60 e imaxinarios como A Bola de Cristal, A familia Adams ou Scooby Doo.. A enerxía acadada co público neste espectáculo é moi alta.
CANDORKA TRÍO constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio a música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo.
Proxecto sostible desde unha antiga bicicleta de repartición de leite, que mestura música e a reciclaxe de obxetos do pasado en desuso.
Sesión DJ en Bicicleta: recreación e posta en escena dunha cabina de picadiscos do seculo pasado desde unha bicicleta, o Señor Lili picadiscos e animador de pista, emociona e pon ao publico en orbita cos seus DiscoTemas clásicos e outras rarezas (Galicia,salsa,guateque,rumba,disco etc..) pedaleando ao son da música, e animando eventos.
Coa Lilicleta logramos a recreación e posta en escea dunha cabina de “pinchadiscos” dos 70's.