Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Le Artuáns

Dos creadores de Antuan de la Cream e Arturo Nono. Agora unidos nun mesmo show. Nace Les Artuans.

Un espectáculo de maxia cómica. O cómico vese .... e a maxia tamén.

Un show para tódolos publicos onde se mestura o clown, o mimo, o absurdo, as risas, máis clown, moitas máis risas e tamén un pouco de maxia.

Galego

Espera

Espera é un espectáculo de circo participativo onde o público é convidado, dun xeito moi sensible e sutil, a vivir de cerca as acrobacias que ocorren na escena. 

Cando o límite entre escenario e público desaparece, o espectáculo convértese nunha ocasión para compartir experiencia colectiva, onde nos miramos á cara con descoñecidos e escoitámonos cos corpos.

Galego

Contiguo

Contiguo nace de poñer un ser humano xunto ao outro. É o lugar onde un acaba e outro comeza. Contiguo é a poesía do corpo e os propios límites. O risco de darse a coñecer e sobrepasar o medo a perderte en alguén. Reinventarse unha e outra vez a través dos demais. O destino únenos, a historia escribímola nós.

Galego

A vida tola de Pajarito

O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa.

Pajarito é a número un, a número dous e tamén ... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo. 

Galego

Píscore

Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Roseira e Pablo Cabanelas. Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar da maneira máis orixinal e asombrosa. Organizarse xa non vai ser tan fácil.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual.

Galego

Globotolo

O pallaso Lolo fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá aos máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gags divertidos.

Un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinte parte integrante.

Divertidísimo para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown é misturada cun cóctel de risas e gargalladas.

 

Galego

Pum Pum

Elenco: Andrea Bayer e Davide González

Marieta é unha nena como calquera nena de 5 anos. Ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo, que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.

Galego

Baila, Roque, baila

Baila Roque, baila! é un espectáculo de teatro e contos dinámico, divertido e participativo onde os contos e os bailes teñen cabida.

Andrea, desta vez, estará acompañada deste simpático personaxe, Roque, que nos fará rir, bailar e soñar

Elenco: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Dirección: Andrea Bayer

Galego

Give it a spin

Give it a spin é a nova proposta de Pisando Ovos para espazos non convencionais no que música e movemento, desde os seus estados máis puros, se encontran a través do diálogo entre un DJ e unha bailarina.

Unha conversa baseada no "darlle unha volta", no xiro continuo, na repetición e transformación do movemento e do son. Un encontro onde os corpos se soportan e resisten baixo a forma dun abrazo continuo.

Para a ocasión contamos coa colaboración especial do DJ Jas Processor.

 

Galego

Mar adiante! Filipa cos contos

Espectáculo “unipersoal”… ou non. Unha sesión “flipante” de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que comparten escenario: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido grazas á súa experiencia. 

Na posta en escena deste 2018 prestarase especial atención á escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno, e á súa obra narrativa Mar adiante. Para tal fin adaptaranse contos incluídos nesta escolma.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño